Os departamentos de Lingua galega e Bioloxía colaboran desta vez na posta en marcha dunha exposición sobre o Prestige organizada polo CEIDA. Aproveitando o 20 aniversario desta traxedia ecolóxica, ambos departamentos e o seu profesorado queren lembrar aqueles tristes días de negrura e chapapote. A exposición componse de varios paneis explicativos, bibliografía e outros materiais que reflexionan sobre os problemas ecolóxicos e a necesidade de comprometerse co mantenemento do medio natural de xeito sostible. Estará colocada ata fins do mes de febreiro nas dependencias do laboratorio de Xeoloxía, onde poderá ser vista por todo o alumnado do centro.
Ademais da exposición, os rapaces da ESO asistirán o día 8 de febreiro a unha charla-conferencia sobre o accidente do Prestige.