Skip to Content

SOLICITUDE DE CERTIFICACIÓNS Á SECRETARÍA

Se desexa solicitar algunha certificación á secretaría do IES Elviña pode facelo enchendo este formulario e premendo na opción ENVIAR, que aparece abaixo. A súa solicitude será tramitada nun tempo máximo de dúas xornadas lectivas. A certificación deberá ser recollida persoalmente na secretaría do instituto en horario de atención ao público (09:00 a 14:00 horas en días lectivos/ 10:00 a 13:00 horas en días laborais non lectivos). En ningún caso se remitirán certificacións por correo electrónico. A expedición de certificacións non estará dispoñible no mes de agosto por vacacións de todo o persoal administrativo do centro.

NOTA LEGAL
En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmaselle de que os datos persoais facilitados quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia co obxecto de xestionar o presente procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, como responsable do ficheiro, solicitándoo ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo de San Caetano, S/N, 15781, Santiago de Compostela, ou mediante o envío dun correo electrónico a sxt.cultura.educación@xunta.es.

 

Nome e apelidos do solicitante
Número do documento de identidade do solicitante e letra ou letras identificadoras
Data de nacemento do solicitante
Tipo de ensinanza cursada neste centro pola que se solicita a certificación
Último ano no que cursou os estudos obxecto da certificación
Idioma no que desexa a certificación
Correo electrónico de contacto
Alegacións ou comentarios que desexe facer constar


webform | by Dr. Radut