Acto de benvida para os auxiliares de conversa fulbright.
Curso 2017/2018
O pasado día 18 de setembro celebrouse en Santiago de Compostela o acto de benvida para os becarios auxiliares fulbright de conversa en lingua inglesa que actuarán coma profesores de apoio nos centros plurilingües de Galicia.
A nosa compañeira Sonia María Fernández Ordás do Departamento de Lingua Inglesa desprazouse en representación do IES Plurilingüe Elviña para acoller a Janna, nova auxiliar de lingua inglesa que traballará no noso centro durante este ano. Dámoslle a nosa benvida.