Alumnas e alumnos do IES Elviña participaron con entusiasmo no proxecto conxunto dos departamentos de Linguas Clásicas e Bioloxía sobre cociña antiga e reciclaxe. Elaboramos dúas receitas de Apicio segundo as súas instrucións de hai dous mil anos:
- "Oleum lauri" (aceite de loureiro)
- "Sal Apici" (sal con pementa negra e branca, ourego, eneldo, tomillo, xenxibre, perixel e hisopo)
A colaboración de todos os implicados foi completa e eficaz. Grazas a todos/as.