Infórmate

 

Taboleiro

Fondo Solidario de libros e Axudas para a adquisición de libros e material escolar para o curso 2016/17

Hai un único modelo para todas as solicitudes de axudas, que son as seguintes:

  • Fondo libros (1º e 3º ESO, reciben os libros do fondo solidario).

  • Axudas para a adquisición de libros de texto (2º e 4º ESO, compran libros).

MATRÍCULA PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE

Premendo aquí, pódese consultar toda a información relativa á matrícula na PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE.

Estudo internacional sobre Competencias Sociais e Emocionais (SSES)

O noso centro educativo foi seleccionado aleatoriamente para participar no  Estudo internacional sobre Competencias Sociais e Emocionais (SSES) polas súas siglas en inglés, Survey on Social and Emotional Skills), xunto con outros moitos centros de 15 países de todo mundo.
SSES é un estudo de investigación educativa dirixido pola Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) e coordinado en España polo Instituto Nacional de Evaluación Educativa (INEE) xunto coas administracións educativas das distintas comunidades autónomas. Este estudo investiga as competencias socioemocionais do alumnado de 15 anos e permitirá obter información que axudará a mellorar a educación e a aprendizaxe nos centros educativos.

A dirección do centro educativo está informada sobre este proxecto e a súa participación garante que alumnado e centros educativos como o do seu fillo/a estean representados. No caso de que o seu fillo/a fose seleccionado para participar na mostra aleatoria, non afectará ás súas cualificacións nin  ao seu progreso no centro. Dado o deseño do estudo, todos os datos trataranse de maneira confidencial e anónima e non se publicarán resultados individuais que permitan identificar a estudantes ou centros concretos.
A aplicación do estudo de SSES 2023 levaraa a cabo o persoal da empresa contratada para tal efecto, a cal acordará co centro educativo do seu fillo/a unha data de realización entre o 6 e o 31 de marzo de 2023. O alumnado que resulte seleccionado aleatoriamente, completará dous cuestionarios cunha duración total de 60  minutos.
A utilización dos datos realizarase de conformidade coa Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais e o Regulamento Xeral de Protección de Datos (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación dos mesmos, incorporado ao ordenamento interno pola Real Decreto-lei 5/2018, do 27 de xullo, de medidas urxentes para a adaptación do Dereito español á normativa da Unión Europea en materia de protección de datos. Así mesmo, terase en conta a Lei 12/1989, do 9 de maio, da Función Estatística Pública, así como a normativa que se deriva das mesmas. Toda a información recollida para o procesamento de datos será anonimizada.

 

FOLLETO INFORMATIVO

CARTEL INFORMATIVO

Convocatoria de Becas Eurolingua

Enviamos el recordatorio de que el plazo para solicitar las Beca Eurolingua  para realizar un curso de inglés en Irlanda este verano subvencionado al 100% finaliza el próximo miércoles 12 de abril a las 23.59.

Agradecemos máxima difusión entre sus estudiantes. Para más información, descargar convocatoria oficial y solicitud de la beca, pinchar en la imagen o acceder directamente a www.becaseurolingua.com

Concursos que convocan o Concello de Santiago de Compostela en colaboración con Ferrovial e o IBADER (Universidade de Santiago de Compostela)

COMPOS-FOTO 2016 (concurso de fotografía dixital). Este desafío pretende desenvolver a creatividade do alumnado tentando espertar neles un espírito crítico sobre os problemas medioambientais a nivel local e global.

COORDINADORA TRABALLO EN REDE CONXO-COMPOSTELA SUR

 A Rede xurdiu en 2009 para coordinar as diferentes iniciativas que colaboran co IES Eduardo Pondal e dende entón creceu e consolidouse como un grupo de traballo estable que se centra especialmente nos problemas educativos dos menores dende un marco de servizo público e tendo en conta

VIAXE A LONDRES DO ALUMNADO DE 3º ESO

O profesorado responsable da viaxe a Londres quere comunicar a nais e pais unha serie de cuestións relativas á viaxe que o alumnado de 3º ESO realizará en febreiro a Londres.

Segunda convocatoria axudas para a adquisición de material escolar: curso 2015/2016

Segunda convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar: curso 2015/2016

 O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do martes, 10 de novembro de 2015   

Powered by Drupal - Design by artinet