DINÁMICA DE GRUPO 1ºCSAF
Dentro das competencias a acadar no módulo de Formación e Orientación Laboral está a de aprender a traballar en equipo. Para acadala, os alumnos e alumnas de 1º curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas realizaron unha xornada de "team building" no ximnasio e o patio do IES de Sabón.
Comezamos realizando o Test dos Roles de Belbin para construir equipos que maximizasen as fortalezas e minimizasen as debilidades. Cos resultados obtidos da auto-avaliación do alumnado, a profesora do módulo, Rocío Penado, armou as escadras para a batalla.
A primeira actividade a desenvolver constituiu en trasladarse dun extremo ao outro do ximnasio sen salirse dun pequeno tapete, baixo a dirección dun compañeiro/a, elixido polos propios alumnos. Foi unha tirada moi disputada, na que se demostrou que un inicio fulgurante ás veces non pode competir cos corredores de fondo. Iso e un pouco de picardía de aprender do veciño/a! A principal ensinanza foi que hai que pensar moi ben no tipo de tarefa que desenvolvemos para adxudicar os roles xa que un só membro "mal colocado" pode dar ao traste cos resultados.
Para a segunda actividade saímos ao aire libre, aproveitando o bo tempo. Baixo o influxo de Lorenzo, tiñamos que ser quen de armar unha figura sen vela primeiramente, fiándose só das explicacións en cadea dos compañeiros. Novamente había un equipo que ía a moi boa velocidade pero que perdeu a confinaza e a cohesión polo camiño, resultado gañador novamente o equipo "máis lento" pero seguro. Sobrepasaron con moito o tempo dado para actividade, o que significa que ás veces as victorias son en realidade pírricas. E que ás veces unha simple contextualización e o emprego de referencias obxectivas aforra moito chollo!