Skip to Content

PROXECTO SABÓN EMPRENDE

O pasado martes día 19 de setembro, dimos comenzó ao PROXECTO SABÓN EMPRENDE, que nace dunha inciativa do Departamento de Economía e do Departamento de Administración do IES de Sabón, da man da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial de Sabón (AEPI).

 

Arrancamos cunha conferencia de “Emprendemento” da man de Marta Marzoa, Xerente de AEPI e de Xabier, experto no sector, á que asistiron os alumnos participantes no proxecto, entre os cales están os alumnos e alumnas de Economía de 2º de bacharelato. 

Ao longo deste proxecto desenvolveránse conferencias, visitas empresariais e titorías de seguemento, para que o alumnado participante elabore un Plan de Empresa e simule a súa posta en funcionamento. 

 

A finalidade é fomentar entre o alumnado aspectos e competencias básicas e transversais como emprendemento, cooperación, economía social, creatividade e comunicación.



book | by Dr. Radut