VISITA BANCO DE ESPAÑA. A CORUÑA
O pasado martes 23 de abril, o alumnado de Economía de 1º de Bacharelato visitou a sucursal do Banco de España, ubicado na Rúa Durán Loriga, A Coruña.
Durante a visita fíxose un percorrido histórico do Banco cheo de anécdotas, e explicáronse as funcións do BdE como Banco Central Nacional e como parte do Sistema Europeo de Bancos Centrais (SEBC).
Alén diso, os alumnos participaron no taller do método “TOQUE, MIRE, GIRE”, para identificar os elementos de seguridade dos novos billetes da serie Europa e poder comprobar a súa autenticidade.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ES_Cashier_brochure_100_200_Euro_WEB (2).pdf | 4.31 MB |