Skip to Content

blogue deiesdesabon

COMEZO DAS CLASES

A consellería publicou na data de hoxe 1 de Setembro, a resolución pola que se establece a incorporación as aulas para o comezo escalonado das clases presenciais para os distintos niveis escolares.

O resumo destas datas para as ensinazas secundarias que afectan ao noso centro son as que seguen:

16 de setembro: 1º de Bacharelato, 1º dos ciclos medios, 1º dos ciclos superiores.

17 de setembro: 2º de Bacharelato, 2º dos ciclos medios, 2º dos ciclos superiores.

18 de setembro: Todos os cursos da FP básica.

 

EXAMES SETEMBRO 19-20

Achegamos ligazón ca distribución das aulas para os exames de setembro.

A realización dos exames será de xeito presencial, non telemático.

Lembramos que os exames serán no edificio principal do IES de Sabón. Non se farán exames no CF.

CALENDARIO EXAMES SETEMBRO 19-20

Na ligazón mostrada máis abaixo podense ver as datas dos exames de setembro para o presente curso 19-20.

Poden ser igualmente visualizadas no banner lateral dereito.

Todos os exames serán realizados no edificio principal do IES de Sabón. Non se realizarán exames no CF.

Datas exames setembro

COMUNICACIÓN NOTAS

Informamos que a data de publicación das notas será o vindeiro 25 de xuño as 11:00 a través da aplicación AbalarMobil.

No caso de non funcionar ou non tela no mobil, pódese descargar desde a páxina de espazo Abalar, debendo ser o número de mobil usado para aplicación o que esté dado de alta nos datos persoais proporcionados no instituto. En caso de dúbida pódese chamar a secretaría do instituto para confirmar o número. (Teléfono: 881960137)

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut