Skip to Content

Información BECAS EXCELENCIA ACADÉMICA - Concello de Arteixo

BECAS EXCELENCIA DO CONCELLO DE ARTEIXO

 


 ÚLTIMA CONVOCATORIA - XANEIRO 2020:

 

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE

 

Está aberto o prazo de solicitude das Becas de Mobilidades ERASMUS+ para os alumnos dos últimos cursos de Ciclos Superiores do IES de Sabón, para que poidan realizar as súas prácticas de empresa (FCT), durante un periodo de 11 semanas, nunha empresa da Comunidade Europea, da súa elección.

Coa finalidade de promover a mobilidade de estudantes, o Concello de Arteixo integra nos seus obxectivos a necesidade de apoiar a Formación Profesional dos estudantes coa finalidade de ofrecer oportunidades para completar as actividades formativas no centro con experiencias no ámbito laboral real a través da formación en centros de traballo no estranxeiro.

O Concello de Arteixo posiblemente leve a cabo novamente, no presente ano 2020, unha nova convocatoria das Becas de Excelencia Académica. Tendo en conta que o proceso de selección require de certo tempo, o IES de Sabón, decidiu adiantarse a probable convocatoria de Axudas do Concello de Arteixo, para que a organización das Mobilidades non se vexa prexudicada nos correspondentes prazos de planificación e coordinación.

Poderán participar no proceso tódolos alumnos/as matriculados no último curso dun CICLO de GRAO MEDIO e de GRAO SUPERIOR do IES de Sabón. O alumnado que concorra a cada convocatoria deberá terminar o período de formación práctica nos centros de traballo (FCT) antes do 31 de Decembro do ano natural da convocatoria.

O IES de Sabón colabora co Concello de Arteixo seleccionando a aqueles alumnos interesados en solicitar estas becas. Unha vez finalizado o proceso de selección de posibles candidatos, estes serán propostos a Concellería de Relacións coa Comunidade Educativa, Area de Benestar Comunitario do Concello de Arteixo, coma aspirantes as becas.

  • O prazo límite de presentación de solicitudes remata o Xoves, 30 de Xaneiro do 2020 a las 12:00.
  • O Lugar de presentación é na Dirección ou Secretaría do IES de Sabón ou ao Coordinador dos Programas Internacionais.
  • Formulario de solicitude e bases da convocatoria.
  • Enlace para acceder ao Curriculums Vitae de Europass.

 


 CONVOCATORIA ANTERIORES:

FEBREIRO 2019

 XUÑO 2018

ABRIL 2018



page | by Dr. Radut