FAMILIAS - ANPA O Castro
|
>> GUÍAS DE ORIENTACIÓN (despregable)
Presentacións para o curso 2023-2024
|
|
|
|
|
|
Vídeos do curso 2020-2021
Blogues
Día de Rosalía
Enviado por admin o Mér, 02/03/2022 - 15:21No Día de Rosalía achegámonos á súa obra xogando cos seus poemas.
E felicitamos ao alumnado de FP Básica pola realización desta exposición:
Emprende no rural. "Dá o paso"
Enviado por patriciablanco o Dom, 20/02/2022 - 14:39Malia as dificultades técnicas, o alumnado de FPBásica asistiu á actividade formativa "Dá o paso. Emprende no rural" impusada pola Casa Grande de Xanceda.
Taller educativo sobre a reciclaxe de pilas e acumuladores eléctricos
Enviado por josebd o Dom, 30/01/2022 - 15:09O 26 de xaneiro o alumnado de 2.º ESO asistiu na aula de Tecnoloxía a unha sesión informativa sobre a importancia da recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles.
DÍA DA EDUCACIÓN 2022
Enviado por guillin o Mér, 26/01/2022 - 01:19Este Luns 24 de Xaneiro conmemoramos no centro o Día Internacional da Educación. Todo o alumnado puido asistir a unha proxección especial feita polo centro co obxectivo de reflexionar sobre o papel que xoga a educación no mundo actual. Non en todos puidemos prender esa faísca que acendese a luz da razón porque aínda tendemos a pensar que a educación é algo que sucede dentro das catro paredes do instituto...
Pero moitos seguro que se decataron que educar é poder vivir mellor, educar é saír da pobreza, educar é esperanza, futuro, igualdade, harmonía...
Xogamos coas palabras e as palabras trouxeron ideas, unhas esperadas, outras non tanto. Haberá que seguir educando, porque como rezaba un dos carteis protagonistas da proxección A EDUCACIÓN É UNHA ARMA DE CONSTRUCIÓN MASIVA...con sorte todas as armas fosen así
Grazas aos protagonistas do filme pola súa colaboración altruista e ao resto dos alumnos/as e profesorado pola súa colaboración nas quendas de proxección. Todo saiu perfecto ;-)
Ao mellor mañá mesmo xa non lembramos a desproporcionada diferencia de oportunidades de educación no mundo...mentras tanto quedámonos coas palabras que saíron onte do noso alumnado...ecos dos seus pensamentos...ás veces contraditorios...e que agora descansan no noso palabreiro, listas para ser postas en práctica.
Mini programación CAAP actualizada 2021-22
Enviado por guillin o Mér, 19/01/2022 - 21:12A continuación poderás atopar a miniprogramación didáctica elaborada polo departamento para a materia de CAAP de 4ºESO coas achegas provocadas pola publicación inminente da orde de avaliación na ESO e BAC que xa está en vigor para este curso 2021-22.
Mini programación FeQ 4ºESO actualizada 2021-22
Enviado por guillin o Mér, 19/01/2022 - 21:11A continuación poderás atopar a miniprogramación didáctica elaborada polo departamento para a materia de física e química de 4ºESO coas achegas provocadas pola publicación inminente da orde de avaliación na ESO e BAC que xa está en vigor para este curso 2021-22.
Mini Programación FeQ 4ºESO actualizada 2021-22
Enviado por guillin o Mér, 19/01/2022 - 21:08A continuación poderás atopar a miniprogramación didáctica elaborada polo departamento para a materia de física e química de 4ºESO coas achegas provocadas pola publicación inminente da orde de avaliación na ESO e BAC que xa está en vigor para este curso 2021-22.
Mini programación FeQ 3ºESO actualizada 2021-22
Enviado por guillin o Mér, 19/01/2022 - 21:05A continuación poderás atopar a miniprogramación didáctica elaborada polo departamento para a materia de física e química de 3ºESO coas achegas provocadas pola publicación inminente da orde de avaliación na ESO e BAC que xa está en vigor para este curso 2021-22.
Mini programación FeQ 2ºESO actualizada 2021-22
Enviado por guillin o Mér, 19/01/2022 - 21:03A continuación poderás atopar a miniprogramación didáctica elaborada polo departamento para a materia de física e química de 2ºESO coas achegas provocadas pola publicación inminente da orde de avaliación na ESO e BAC que xa está en vigor para este curso 2021-22.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CAAP ACTUALIZADA 2021-22
Enviado por guillin o Mér, 19/01/2022 - 21:01A continuación poderás atopar a programación didáctica elaborada polo departamento para a materia de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional coas achegas provocadas pola publicación inminente da orde de avaliación na ESO e BAC que xa está en vigor para este curso 2021-22.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE CAAP ACTUALIZADA
Enviado por guillin o Mér, 19/01/2022 - 20:55A continuación poderás atopar a programación didáctica elaborada polo departamento para a materia de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional coas achegas provocadas pola publicación inminente da orde de avaliación na ESO e BAC que xa está en vigor para este curso 2021-22.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CAAP ACTUALIZADA
Enviado por guillin o Mér, 19/01/2022 - 20:53A continuación poderás atopar a programación didáctica elaborada polo departamento para a materia de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional coas achegas provocadas pola publicación inminente da orde de avaliación na ESO e BAC que xa está en vigor para este curso 2021-22.
PROGRAMACIÓN CAAP ACTUALIZADA
Enviado por guillin o Mér, 19/01/2022 - 20:51A continuación poderás atopar a programación didáctica elaborada polo departamento para a mateira de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional coas achegas provocadas pola publicación inminente da orde de avaliación na ESO e BAC que xa está en vigor para este curso 2021-22.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA FeQ ACTUALIZADA
Enviado por guillin o Mér, 19/01/2022 - 20:45A continuación poderás atopar a programación didáctica elaborada polo departamento para as materias de física e química coas achegas provocadas pola publicación inminente da orde de avaliación na ESO e BAC que xa está en vigor para este curso 2021-22.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA FÍSICA E QUÍMICA ACTUALIZADA
Enviado por guillin o Mér, 19/01/2022 - 20:42A continuación poderás atopar a programación didáctica elaborada polo departamento para as materias de física e química coas achegas provocadas pola publicación inminente da orde de avaliación na ESO e BAC que xa está en vigor para este curso 2021-22.
Volta ás clases
Enviado por admin o Dom, 09/01/2022 - 15:56
O luns 10 de xaneiro retomamos as clases seguindo as pautas establecidas pola administración a nivel estatal:
A pertinencia de probas diagnósticas, test de detección, etc. serán sempre determinada por Sanidade en función da situación e protocolos en cada momento. En todo caso, os períodos de corentenas e illamentos serán os que Sanidade paute nas súas guías e protocolos, que son documentos que se van adaptando en función desta situación cambiante.
|
DESPEDIDA E PECHE...ESCAPE ROOM E DEPORTE PARA DESPEDIR O ANO
Enviado por guillin o Mér, 22/12/2021 - 11:04Onte 21 de decembro puxemos punto e seguido a esta incerta andaina que nos toca seguir no curso 2021-22. Fomos librando moi ben do bichiño durante todo o trimestre e tocaba celebralo...con sentidiño.
Empezamos a mañá cunhas pachanguiñas de baloncesto co incentivo de ver en acción a parte do profesorado.
O resultado é o de menos pero aparte de pasalo estupendamente descubrimos que a sección feminina xa non ten nada que envexar aos rapaces...pasáronlles por riba ja ja.
Despois dunha horiña de xogo, algúns (enténdase profes) xa pedían papas. Chegaba o momento de descansar un pouco e comezar a actividade estrela do día: un "escape room" masivo que poría a proba a capacidade do alumnado para botar man do inxenio e os coñecementos adquiridos durante estes 3 meses.
Participaron todas as clases, que durante máis de 2 horas trataron de resolver as preguntas, acertixos, adiviñanzas...que parte do profesorado preparou para eles.
Non podíamos deixar pasar a oportunidade de darlle a noraboa ao alumnado de teatro de 2ºBAC que foi o encargado de montar garda na porta de cada clase atendendo as dúbidas e respostas dos compañeiros e facendo que todo transcorrese segundo o previsto. Impresionante o "atrezzo" digno das mellores películas de Hollywood ;-)
Aínda que todo é susceptible que ser analizado desde moitos puntos de vista...creemos que foi todo un éxito que non cae en saco roto para o futuro.
A clase de 4ºESO B resultou a gañadora
A canción do pirata de josé de Espronceda (Non podía ser doutro xeito) foi a chave para reolver o misterio...
Noraboa a todos os que dalgunha maneira (participando, axudando...) levaron adiante esta iniciativa do equipo directivo que cristalizou nunha bonita experiencia.
Xa non quedaba moita mañá por diante pero para poñerlle o broche de ouro alá fomos de novo parte do profesorado para enfrontarnos, desta volta en futbol, contra oa animosos alumnos. O resultado foi marabilloso xa que ningún dos docentes acabou sendo atendido polos servizos médicos e non houbo que lamentar baixas salientables.
Agora o que toca é descansar e coller ánimos para a volta e seguir alerta contra a COVID que parece empeñada en non darnos tregua.
Podedes ver nos arquivos anexos algunha imaxe mais do día. Bo Nadal a todos.
OS FISIQUIÑOS NA COCIÑA
Enviado por guillin o Dom, 28/11/2021 - 10:19Convidámosvos a ver os fisiquiños que sacamos da actividade feita co alumnado na elaboración dos biscoitos. Os fisiquiños son anacos de realidade, arrancados a mordiscos en forma de imaxe. Levan asociados unha reflexión escrita, que non necesariamente tes que entender...é máis, podes cambiala por unha túa e así farás os teus propios fisiquiños.
Aquí a tedes
QUÍMICA NA COCIÑA NO IES de MUGARDOS
Enviado por guillin o Mér, 24/11/2021 - 21:00O martes 23 de Novembro retomamos os bos costumes prepandémicos e levamos a cabo (coas medidas de aireación e máscara obrigadas) unha actividade colectiva co alumnado de 3ºESO. Tratábase de elaborar uns biscoitos...pero dita elaboración implicaba un traballo previo de busca bibliográfica de receitas e orzamentos do material e ingredientes necesarios. O traballo do martes consistiu en elaborar a mestura que debía encher os moldes axeitados, que despois moi amablemente a panadería do concello Os Corzás lle deu a temperatura correcta nos seus fornos para obter uns produtos socialmente aproveitables, que vós mesmos podedes comprobar nas imaxes que acompañan a este reseña.
O Traballo de grupo foi moi bo, organizado e eficaz
E claro ao final todos contentos polo resultado...que hoxe foi valorado tanto en estética (presentación) como en sabor por parte de representantes de alumnos e profesores. Porque ao final isto contaba para nota ;-)
Samaín, 2021
Enviado por admin o Lun, 08/11/2021 - 15:04 Iniciamos o mes de novembro coa tradicional festa de Samaín e o concurso de cabazas.
Agradecemos a colaboración do alumnado de FP.
Non esquezades recoller o voso premio na Biblioteca.
Plan Anual de Lectura
Enviado por admin o Sáb, 23/10/2021 - 14:29
Plan Anual de Lectura 2021-22 |
Semana do 25 ao 29 de outubroComeza naESO a |
HORA DE LER - ESO1) Só para ler. Son quince ou vinte minutos de lectura non utilizables para realizar outras tarefas (estudar, deberes...) |
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA FÍSICA E QUÍMICA
Enviado por guillin o Sáb, 02/10/2021 - 19:00Esta é a programación didáctica completa feita polo departamento de FeQ para este curso 2021-22 para as materias que lle son propias.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CAAP
Enviado por guillin o Sáb, 02/10/2021 - 18:56Esta é a programación completa da materia de Ciencias Aplicadas á actividade Profesional (CAAP) para o curso 2021-22
Miniprogramación FÍSICA 2ºBAC 2021-22
Enviado por guillin o Mér, 22/09/2021 - 23:31Aquí tedes a programación didáctica da materia de Física de 2ºBAC resumida, facendo fincapé nos contidos a impartir e no xeito de cualificar os distintos aspectos avaliables.
Miniprogramación QUÍMICA 2ºBAC 2021-22
Enviado por guillin o Mér, 22/09/2021 - 23:30Aquí tedes a programación didáctica da materia de Química de 2ºBAC resumida, facendo fincapé nos contidos a impartir e no xeito de cualificar os distintos aspectos avaliables.
Miniprogramación FeQ 1ºBAC 2021-22
Enviado por guillin o Mér, 22/09/2021 - 20:42Aquí tedes a versión reducida da programación didáctica da materia de Física e Química de 1ºBAC na que se poden atopar os contidos a traballar e o xeito de valorar os diferentes aspectos a avaliar.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »