Enderezo: Río Tenorio s/n 36120 Cerdedo - Cotobade Teléfono: 886 15 97 84 Correo-e: ies.cotobade@edu.xunta.gal
NOVAS: Servizo de comedor escolar do curso 2022-23
SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR
Trala reunión celebrada esta mañá no IES de Cotobade na que asistiron o alcalde de Cerdedo-Cotobade, as directivas dos dous centros educativos implicados e representantes da ANPA para tratar a problemática do servizo de comedor, infórmase do seguinte:
TODO O ALUMNADO SOLICITANTE DO SERVIZO DE COMEDOR QUEDARÁ ADMITIDO NO MESMO.
Quedamos á espera da incorporación dun/ha auxiliar de cociña. En canto se formalice a mesma, avisarase de inmediato ás familias para que o alumnado poida facer uso do servizo de comedor.
Excepcionalmente, o vindeiro martes 13 de setembro, todo o alumnado poderá facer uso do comedor para non prexudicar a súa asistencia ás clases da tarde.
As direccións dos Centros estivemos a buscar solucións coa Consellería dende o primeiro momento, informando ao alcalde da situación e interesándonos para que todo quedara solventado o antes posible. Asemade, a ANPA estivo pendente de que esas solucións foran acadadas con prontitude.