Enderezo: Río Tenorio s/n 36120 Cerdedo - Cotobade Teléfono: 886 15 97 84 Correo-e: ies.cotobade@edu.xunta.gal
Directrices lexislativas do procedemento de matriculación
O procedemento de matriculación e os seus prazos está marcado polas seguintes directrices lexislativas:
a. Decreto 254/2012, de 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación [DOG 26 de decembro de 2012]
[DERROGADO POLO DECRETO 13/2022 do 3 de febreiro]
b. Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación [DOG 15 de marzo de 2013]
c. Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación [DOG 1 de febreiro de 2017]
d. Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación [DOG 1 de febreiro de 2017]