Skip to Content

"Vida" de Rubén Riós

 
O pasado 15 de xaneiro, o alumnado de 3º/4ºESO do IES de Cotobade asistiu á presentación do documental « Vida » de Rubén Riós.
 
O actor e produtor galego presentou o documental dentro do programa de artes escénicas organizado por Afundación.

“Vida” é máis ca un proxecto, é un instrumento pedagóxico para a sensibilización e a comprensión do mundo das capacidades diversas. Estimulando as emocións, favorecendo a empatía, identificándose e meténdose na pel dos protagonistas, os rapaces poderán reflexionar desde un enfoque máis realista.

Este proxecto obtivo premios como mellor curta no Festival Primavera de Vigo ou o Antonio Cerrillo aos valores humanos na Semana de Cine Corto Sonseca, entre outros.

O noso alumnado participou nunha rolda de preguntas nas que destacaron pola súa sensibilidade, implicación e compromiso. 

De volta a Tenorio moitos deles xa se puxeron en contacto co protagonista por vía das redes sociais.

Máis cunha visita, foi unha lección de “vida” para todos nós.



story | by Dr. Radut