Skip to Content

Listaxe de libros de texto para o curso 2024-2025

Para ver ou descargar a listaxe, prema na seguinte imaxe.

Prazo de matrícula para o curso 2024-25



O prazo de matricula comeza desde o día de hoxe, 25 de xuño, ata o 10 de xullo de 2024. 

Hoxe, xunto coa entrega de boletins de notas, entregóuselle ao alumnado unha carpeta con instrucións, procedemento, prazos e todo o necesario para formalizar a respectiva matrícula.

Lembre que a devandita documentación debe ser entregada na administración do Centro nos prazos establecidos, de luns a venres de 10:00 a 14:00.

Calendarios e organización do final de curso 2023-2024

Achéganse os documentos coa organización dos últimos días lectivos do curso 2023-24.

Atópanse dous documentos diferentes:

Pregamos revisen o número e estado de libros de texto (a correspondencia co lote adxudicado), dos ordenadores EducaDixital ou de calquera outro préstamo do que fora beneficiario/a.

Apertura do prazo de solicitudes para ciclos formativos de grao medio

Apertura do prazo de solicitudes para ciclos formativos de grao medio:

Do 24 xuño ás 9:00 ao 4 xullo ás 13:00 horas a través da aplicación informática

www.edu.xunta.gal/fp

O sexting. Aprendizaxe entre iguais.

Un grupo de alumnado voluntario deseñou un podcast educativo xunto cunha unidade didáctica sobre o sexting. Están a realizar un servizo entre iguais, impartindo clases aos compañeiros e compañeiras.

Cun 26,8%de adolescentes implicados/as nesta práctica de risco, segundo un estudo da USC, é máis importante ca nunca compartir coñecementos e experiencias.

Únete a nós nesta iniciativa de aprendizaxe entre iguais!

#educaciondixital

#seguridadeenliña

#podcastescolar

#aprendizaxeentreiguais

Para acceder ao podcast, prema na seguinte imaxe:

Últimas sesións do Plan Proxecta. Quérote + - 3ºESO

Remata o curso e tamén as últimas sesións do Plan Proxecta Quérote + no 3ºESO, relacionado coa educación afectivo sexual.
Nesta ocasión, o alumnado ensaiou as habilidades sociais necesarias : dicir que non ante a presión de grupo ou resolver situacións estresantes que lle poidan acontecer ás persoas xóvenes.
Ademais, 
consultaron información fiable sobre os métodos anticonceptivos e a prevención de enfermidades de transmisión sexual. Finalmente, nestes momentos, están a elaborar un traballo final sobre a temática.


Exposición "Sen Cancelas" Consello da Cultura Galega (CCG) e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.- CP Inclue - Iguala-T

Estes días, a comunidade educativa do IES de Cotobade puido desfrutar da exposición itinerante "Sen Cancelas", instalada no patio do Centro.

"Sen cancelas. Memorias do arco da vella en Galicia" é o título do proxecto expositivo que poñen en marcha o Consello da Cultura Galega (CCG) e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
A mostra ten un carácter didáctico e divulgativo e fai un percorrido histórico e conceptual sobre a diversidade sexual en Galicia.

Está formada por oito seccións de contidos, máis a de introducción, que fan un percorrido histórico sobre a diversidade no país a través dos fitos e as persoas que transitaron o camiño cara a liberdade.
Tamén se abordan temáticas como a propia diversidade, existente desde o comezo dos tempos e presente nas distintas culturas ou a evolución na lexislación que afecta os dereitos e liberdades das persoas LGBTQI.
O proxecto incide a través do relato participativo nas achegas individuais que fan avanzar o movemento colectivo e na importancia de cada un de nós para protexer o que se conseguiu ata o momento en materia de igualdade, facéndonos conscientes da súa fraxilidade.
O percorrido remata cun buzón de suxesitóns no que o alumnado poderá contibuír coas súas ideas ou inquedanzas a enriquecer o proxecto.

Sen cancelas, porque non hai identidade e igualdade se non hai liberdade.

Agradecemos ao departamento de Orientación polo seu compromiso na loita e defensa pola igualdade e diverdidade, e espcialmente ao xefe de departamento Javier García Barreiro pola organización e promoción das diversas actividades e obradoiros desenvolvidos ao longo destes últomos cursos. Asemade, agradecemos ao claustro de profesorado e ao noso alumnado pola súa colaboración e participación en moitas das actividades levadas a cabo. Parabéns!

Para máis información sobre a exposición, prema aquí.

Prazo e procedemento de solicitude do fondo solidario de libros de texto e material escolar para o curso 2024-25

O 20 maio, publicouse no DOG a Orde do 7 maio pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquisición de libros de texto e material escolar.

PRAZO DE SOLICITUDES:

DO 21 DE MAIO AO 21 DE XUÑO 

Para ver ou descargar a Orde, as instrucións, anexos simplificados do IES de Cotobade, respostas ás preguntas máis frecuentes, prema no arquivo en PDF adxunto correspondente.

Pode acceder a toda a información no portal de fondo de libros:

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Toda a información atópase colgada en soporte papel no taboleiro de anuncios da secretaría do centro. Asemade, no día de hoxe repartiuse en papel ao alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO do centro a documentación necesaria para formalizar a solicitude.

Fomentar o benestar dos nosos/as fillos/as

O vindeiro martes 28 de maio ás 18:30h terá lugar no noso centro unha charla a cargo da psicóloga Ángela Patricio Cal sobre benestar emocional, prevención da ansiedade, do estrés, crises e depresión, entre outros, nos e nas adolescentes.

Por favor, pregamos que cubran o seguinte formulario co obxecto de prever o número de asistentes: 

https://forms.gle/Cs2anCaXM9AF3yem8 

Ruta Castelao en Pontevedra

O pasado 30 de abril, o alumnado do 4° curso de ESO achegouse á figura de Castelao percorrendo as principais localizacións que o vinculan coa cidade de Pontevedra. Unha visita orixinal e divertida que xa se está a converter nun clásico no IES de Cotobade.  
Grazas á lóxistica de normalización do concello de Pontevedra por ofrecer un servizo tan excepcional.

Distribuir contido


by Dr. Radut