Apoio e axudas ó estudo
Convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023-2024
Enviado por Jesus_Maiz o Lun, 29/04/2024 - 08:22O 29 de abril, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 (código de procedemento ED311A) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 26 de abril.
O prazo de presentación de solicitudes comezará hoxe, 29 de abril e rematará o día 28 de maio de 2024.
Achégase unha folla resumo das características do premio con indicacións importantes sobre como realizar a solicitude desde a aplicación de PremiosEdu ou desde a Sede electronica.
Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou ben en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/)
Axudas para alumnos con NEAE para o curso 2024-2025
Enviado por Jesus_Maiz o Ven, 26/04/2024 - 12:02Poderán solicitar as axudas os alumnos que non superen unha determinada renda e/o patrimonio familiar e que presenten necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais e que se atopen cursando en centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario ou en centro ordinario que escolarice alumnos que presentan necesidades educativas especiais, algún dos niveis educativos non universitarios. Así mesmo, poderán solicitar as axudas os alumnos con TEA e os alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.
O prazo de presentación de solicitudes: dende o 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.
Convocatoria becas para alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) curso 23-24
Enviado por Jesus_Maiz o Mér, 26/07/2023 - 14:30Convocatoria
Convócanse as seguintes axudas :
a) Axudas directas para o alumnado que requira por un periodo da súa escolarización ou ó longo de toda ela , determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas da discapacidade ou trastorno grave de conduta.
b) Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta para familias numerosas.
c) Axudas para programas específicos complementarios á educación reglada para alumnado con necesidad específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
Beneficiarios.
Poderán solicitar as axudas os alumnos que non superen unha determinada renta e /ou patrimonio familiar: - Que presenten necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta e que se encontren cursando nun centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario ou en centro ordinario que escolarice alumnos que presentan necesidades educativas especiais , algún dos niveis educativos non universitarios.
Para obter o subsidio requerirase ser membro de familia numerosa.
Solicitudes
As solicitudes tanto de axuda como de subsidio deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet no enlace seguinte
enlace ou através da sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte na dirección https://sede.educacion.gob.es.
Prazo
O prazo de presentación de solicitudes extenderase ata o 20 de setiembre de 2023 inclusive.
CONVOCATORIA BECAS XERAIS PARA O CURSO 2016-2017 PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS
Enviado por Anónimo o Mar, 16/08/2016 - 16:18Beneficiarios
Poderán solicitar as becas desta convocatoria os estudantes que non superen unha determinada renda e/ou patrimonio familiar, que cumpran uns determinados requisitos de aproveitamento académico e que cursen algunhas das seguintes ensinanzas:
1. Ensinanzas postobrigatorias e superiores non universitarias do sistema educativo español e con validez en todo o territorio nacional:
a) Primeiro e segundo cursos de Bacharelato .
b) Formación Profesional de grao medio e de grao superior.
c) Ensinanzas artísticas profesionais.
d) Ensinanzas deportivas.
e) Ensinanzas artísticas superiores.
f) Estudos relixiosos superiores.
g) Estudos militares superiores.
h) Estudos de idiomas realizados en escolas oficiaid de titularidade das administracións educativas, incluida a modalidade a distancia.
i) Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para o acceso ós Ciclos Formativos de grao medio e de grao superior impartidos en centros públicos ou en centros privados concertados que teñan autorizadas ensinanzas de Formación Profesional.
j) Formación Profesional Básica.
2. Ensinanzas universitarias do sistema universitario español cursadas en centros españois e con validez en todo o territorio nacional:
a) Ensinanzas universitarias adaptadas ó Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e de Máster.
b) Ensinanzas universitarias conducentes a títulos oficiais de Licenciado,Enxeñeiro , Arquitecto, Diplomado, Mestre, Enxeñeiro Técnico e Arquitecto Técnico.
c) Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.
d) Complementos de formación para acceso ou obtención do título de Máster e créditos complementarios para a obtención do título de Grao ou para proseguir estudos oficiais de licenciatura.
Non se inclúen nesta convocatoria as becas para a realización de estudos correspondentes ó terceiro ciclo ou dotorado, estudos de especialización nin títulos propios das universidades.
Solicitudes
A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte na dirección https://sede.educacion.gob.es, no apartado correspondente a "Trámites y Servicios" ou na dirección electrónica www.mecd.gob.es
Unha vez cumprimentada a solicitude, deberá ser firmada polo interesado
Prazos
Os prazos para presentar a solicitude extenderase hasta:
A) El 17 de outubro de 2016, inclusive, para os estudantes universitarios.
B) El 3 de outubro de 2016, inclusive, para os estudantes non universitarios
PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2015/2016
Enviado por Anónimo o Mér, 04/05/2016 - 12:07CONVOCATORIA
PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO CORRESPONDENTES AO CURSO 2015/16
PERSOAS BENEFICIARIAS
Alumnado que finalice os estudos de bacharelato no curso 2015/16 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, cunha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día 3 de maio de 2016.
Máis información :
Orde 11 de abril de 2016 ( D.O.G. do 26 de abril )
http://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/20160426_premios_bacharelato.pdf
CONVOCADAS AS BECAS XERAIS PARA O CURSO 2015/16
Enviado por Anónimo o Mar, 18/08/2015 - 17:54No BOE do 6 de agosto acábase de publicar a Resolución do 30 de xullo pola que se convocan becas de carácter xeral , para o curso 2015/2016, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios:
La solicitud se deberá cumplimentar mediante el formulario accesible por vía telemática a través de la sede electrónica del Departamento en la dirección https://sede. educacion.gob.es en el apartado correspondiente a «Trámites y Servicios» o en la dirección electrónica www.mecd.gob.es»
Una vez cumplimentada la solicitud, deberá ser firmada