Curso 24-25. Horario do profesorado para atención a familias
Enviado por Anónimo o Mar, 29/10/2024 - 08:44Calendario exámenes pendentes 1ª Avaliación
Enviado por Anónimo o Mar, 29/10/2024 - 08:40Eleccións o Consello Escolar 2024
Enviado por Jesus_Maiz o Ven, 11/10/2024 - 08:37No DOG do 18/09/2024, publicouse a Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos:
Resolución 10 de setembro de 2024
Data sorteo membros xunta electoral
Calendario escolar 2024-25
Enviado por Anónimo o Mar, 01/10/2024 - 16:01Reunións asignaturas pendentes 24-25
Enviado por Anónimo o Lun, 30/09/2024 - 17:51Calendario das reunións dos departamentos cos alumnos e alumnas que teñen algunha materia pendente de cursos anteriores para recuperar. Do 3 ó 8 de Outubro.
Reunión familias curso 24-25
Enviado por Jesus_Maiz o Mar, 24/09/2024 - 11:46O vindeiro xoves día 26 de setembro realizarase a reunión entre titores e familias. No seguinte cadro indícase a hora e o lugar no que se levarán a cabo:
CURSO | HORARIO | LUGAR |
1º ESO | 18:00 | SALON DE ACTOS |
2º ESO | 18:00 | CLASE DO GRUPO |
3º ESO | 18:30 | CLASE DO GRUPO |
4º ESO | 18:30 | CLASE DO GRUPO |
BACHARELATO | 19:00 | CLASE DO GRUPO |
Aviso
Enviado por Anónimo o Mér, 31/07/2024 - 08:21Do 5 ao 25 de agosto, o centro permanecerá pechado. Para calquera cuestión poden enviar unha mensaxe ao correo: ies.concepcion.arenal@edu.xunta.gal
Fondo Libros e Vales de Material
Enviado por Anónimo o Ven, 12/07/2024 - 10:29No taboleiro de centro educativo está dispoñible a listaxe provisional de fondos libros curso 2024/25.
O prazo de reclamacións do listaxe ata o 16 de xuño as 14 horas na oficina do centro.
Mellores Expedientes de Galicia ABAU 2024
Enviado por Jesus_Maiz o Lun, 01/07/2024 - 21:55O pasado 21 de xuño celebrouse o acto de homenaxe aos Mellores Expedientes de Galicia ABAU 2024 no Coliseum da Coruña, dos cales nove alumnos e alumnas do IES Concepción Arenal foron os seleccionados polo seu traballo.
Daniel Barrán, Carla Castelo, Eva Enciso, Bruno Fonticoba, Lucía García, Sandra Pita Piñón, Eva Rodríguez, Carla Roura, Inés Vilariño.
Noraboa, sodes un orgullo para o IES Concepción Arenal!!!
Libros de texto curso 24-25
Enviado por Anónimo o Lun, 24/06/2024 - 11:19Calendario convocatoria extraordinaria 1º e 2º Bacharelato
Enviado por Jesus_Maiz o Ven, 07/06/2024 - 10:37Calendario da convocatoria extraordinaria en 1º e 2º de Bacharelato.
Convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023-2024
Enviado por Jesus_Maiz o Ven, 07/06/2024 - 10:29O 7 de xuño, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2023-2024 (código de procedemento ED311D) cuxa orde de convocatoria foi publicada no DOG o pasado 6 de xuño.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e rematará o 8 de xullo.
Pode acceder a máis información desta convocatoria na aplicación PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu), no portal educativo (https://www.edu.xunta.gal) e na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.
Achégase unha folla informativa coas novidades e características máis relevantes desta convocatoria e con consellos prácticos sobre o proceso de solicitudes.
a) A forma máis aconsellable de cubrir as solicitudes é mediante o emprego da aplicación PremiosEdu, deseñada para facilitar este procedemento. Unha vez cuberta, a aplicación permite tanto a presentación da solicitude na sede electrónica a través dun enlace directo, como a presentación presencial (por exemplo, nun rexistro) imprimindo o Anexo I cos datos introducidos.
b) Posto que na meirande parte dos casos o alumnado é menor de idade non emancipado, nas solicitudes debe constar como representante un dos seus pais, nais ou titores/as legais, que ademais asinará as solicitudes.
Matrícula curso 2024-25
Enviado por Jesus_Maiz o Xov, 06/06/2024 - 08:27MATRÍCULA PARA O CURSO 2024-2025
DOCUMENTOS NECESARIOS PARA A MATRÍCULA (Ver PDF)
Horario de 9:00 a 13:00 h
1º BACHARELATO (Ordinario e Adultos): 28 de xuño e 1,2 xullo
2º BACHARELATO (Ordinario e Adultos): 26 e 27 de xuño
3º e 4º ESO: 3 e 4 de xullo
1º e 2º ESO : 5 e 8 de xullo
CICLOS (alumnado que xa está cursando estas ensinanzas neste centro que pasa de 1º curso a 2º ou repetidores por primeira vez de 2º curso): Do 24 de xuño as 9:00 horas ata o 4 de xullo ás 13:00 horas
Nota: o sobre cos documentos para formalizar a matrícula, recolleránse na Conserxaría do centro, daráse un so por alumno/a.
Impresos matrícula 2 Bac
Impreso matrícula Humanidades 2Bac
Impreso matrícula Ciencias e tecnoloxía 2Bac
Impresos de matrícula 1Bac
Impreso matrícula Humanidades 1Bac
Impreso matrícula Ciencias e tecnoloxía 1Bac
Impresos de matrícula ESO
Calendario exámenes finais Ciclos formativos
Enviado por Jesus_Maiz o Xov, 06/06/2024 - 07:40Calendario das probas finais nos ciclos formativos impartidos no centro.
Calendario reclamacións ás cualificacións ESO, 1º Bacharelato e ciclos
Enviado por Jesus_Maiz o Xov, 30/05/2024 - 11:23Calendario fin de curso co proceso de reclamación ás cualificacións da avaliación ordinaria (ESO, 1º Bacharelato) e da avaliación extraordinaria en 1º Bacharelato.
Modelo reclamación ante o centro Modelo reclamación ante Xefatura Territorial
Concurso de bd de humor Demo Pequeno, Museo Humor Fene
Enviado por Anónimo o Mér, 29/05/2024 - 12:38I Premio Concurso "SOMOS RURAL"
Enviado por Anónimo o Mér, 22/05/2024 - 12:54Ver a noticia no Diario de Ferol, Voz de Galicia, ou a Confederación de AMPAS galegas.
Información axudas libros e material escolar 2024-25
Enviado por Jesus_Maiz o Lun, 20/05/2024 - 11:31INFORMACIÓN AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR DESTINADAS AO ALUMNADO MATRICULADO EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO ESCOLAR 2024/2025.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »