Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
15
| 16
Start: 16/08/2016 17:15
Beneficiarios Poderán solicitar as becas desta convocatoria os estudantes que non superen unha determinada renda e/ou patrimonio familiar, que cumpran uns determinados requisitos de aproveitamento académico e que cursen algunhas das seguintes ensinanzas: 1. Ensinanzas postobrigatorias e superiores non universitarias do sistema educativo español e con validez en todo o territorio nacional: a) Primeiro e segundo cursos de Bacharelato . b) Formación Profesional de grao medio e de grao superior. c) Ensinanzas artísticas profesionais. d) Ensinanzas deportivas. e) Ensinanzas artísticas superiores. f) Estudos relixiosos superiores. g) Estudos militares superiores. h) Estudos de idiomas realizados en escolas oficiaid de titularidade das administracións educativas, incluida a modalidade a distancia. i) Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para o acceso ós Ciclos Formativos de grao medio e de grao superior impartidos en centros públicos ou en centros privados concertados que teñan autorizadas ensinanzas de Formación Profesional. j) Formación Profesional Básica. 2. Ensinanzas universitarias do sistema universitario español cursadas en centros españois e con validez en todo o territorio nacional: a) Ensinanzas universitarias adaptadas ó Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e de Máster. b) Ensinanzas universitarias conducentes a títulos oficiais de Licenciado,Enxeñeiro , Arquitecto, Diplomado, Mestre, Enxeñeiro Técnico e Arquitecto Técnico. c) Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas. d) Complementos de formación para acceso ou obtención do título de Máster e créditos complementarios para a obtención do título de Grao ou para proseguir estudos oficiais de licenciatura. Non se inclúen nesta convocatoria as becas para a realización de estudos correspondentes ó terceiro ciclo ou dotorado, estudos de especialización nin títulos propios das universidades. Solicitudes A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte na dirección https://sede.educacion.gob.es, no apartado correspondente a "Trámites y Servicios" ou na dirección electrónica www.mecd.gob.es Unha vez cumprimentada a solicitude, deberá ser firmada polo interesado Prazos Os prazos para presentar a solicitude extenderase hasta: A) El 17 de outubro de 2016, inclusive, para os estudantes universitarios. B) El 3 de outubro de 2016, inclusive, para os estudantes non universitarios
| 17
| 18
| 19
| 20
| 21
|