Eventos
CONVOCATORIA ORDINARIA 2016
Requisitos das persoas participantes
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de realización da proba.
Datas e lugares de inscrición
Calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2015/2016
Prazo inscrición para a proba:entre os días 4 ao 15 de abril de 2016, ambos os dous incluídos.
Data celebración da proba : 25 de maio de 2016
Presentación de solicitudes e inscrición
As persoas interesadas poderán cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp , que xerará a solicitude que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.
Para maior información:
Orde 2 de febreiro de 2016) da Consellería de Cultura e
-
educación (DOG 11 de febreiro de 2016)
-
No departamento de orientación