Eventos
Os titores de 3º de ESO e a orientadora participamos no Programa de Qúérote+ . modalidade 2 " Coñecéndonos" , por medio do Plan Proxecta 2014/2015 convocado pola Consellería de Educación
Este proxecto estaba integrado dentro do Plan de Acción Titorial do centro, nos bloques de " Integración e convivencia " e "Desenvolvemento persoal "
Contamos coa intervención dunha experta do centro Quérote + que desenvolveu co alumnado os seguintes temas:
1- Convivencia e valor da diversidade
2- Imaxe corporal e autoestima
3- Afectividade e sexualidade
Por parte do centro leváronse a cabo actividades e traballos que amosamos nos seguintes ficheiros que se adxuntan.