O pasado 29 de marzo celebrouse no auditorio do Carballiño o I Club de Debate, onde escolares pertencentes aos dous institutos da vila debateron sobre a independencia de Galicia.
O equipo do noso centro formado por Elisa Nóvoa, Patricia Henriques, Rebeca Rodríguez, Noemí García, Álvaro Suárez, Francisco Javier Silvares, Alba Iglesias, Lucía España, Santiago Estévez e Ana Fernández, preparados por Clara Vázquez e Miguel Pereira, acadou 377 puntos fronte os 296 que acadou o grupo do instituto Número 1.
Parabéns aos integrantes do noso equipo e sorte aos dous centros para a fase final que terá lugar en Ferrol o sábado 26 de abril, onde competirán contra os mellores equipos de Galicia.
A profesora Clara Vázquez xunto cos seus alumnos de teatro realizaron o seguinte FlashMob no comedor do centro, trala suxerencia do Equipo de Normalización. Esperamos que vos guste: