Skip to Content

Roteiro a Pazos de Arenteiro

Sete distinguidas alumnas de 1º de Bacharelato fixeron este xoves un roteiro de case 13 kilómetros polo famoso percorrido dos Arrieiros.

A andaina partiu do Instituto, dende o cal partimos cara Pazos de Arenteiro pasando por diferentes vilas onde puidemos escoitar os comentarios do profesor Ricardo sobre a historia da rexión.

Pese a que o día foi caluroso, tamén tivemos tempo de refrescarnos a carón da ponte dos franceses, antes de coller o bus de volta ao instituto.

 
Álbum: CURSO 2021/2022 -> EF - Roteiro a Pazos de Arenteiro

                    

 



album | by Dr. Radut