Carreira de Orientación en Cenlle
Na xornada de hoxe, 15 de xuño, uns 30 alumnos do curso de 3º da ESO realizaron unha carreira de orientación no circuíto permanente de Cenlle (Ourense).
En grupos de 2-3 alumnos, cada un co seu mapa e as súas respectivas follas de control, tiveron que atopar cada unha das 14 balizas indicadas para o percorrido de categoría "longo doado".
O certo foi que debido ás recentes choivas e o calor da última semana os nosos alumnos non o tiveron fácil para localizar algunhas das balizas, xa que a herba medrou moito e estas estaban ben agochadas entre a frouma. Con todo, o día nubrado fíxonos a tarefa máis doada, xa que evitamos o calor sofocante de dias previos.
Ao rematar a carreira os alumnos aínda tiveron posibilidade de ter un anaco de tempo libre para xogar ao balón ou remollarse no espazo termal que dispoñen xunto ao comezo do circuíto.