Actividade voluntaria de orientación.

Bos días.

Este mércores vai ter lugar unha actividade de Orientación de precisión organizada pola Sección de orientación de Trevinca. É unha actividade aberta, gratuita  e online na que podedes participar todos/as.

Non fai falta inscribirse, tan so abrir o formulario o mércores 20 de maio as  16h. Se trata de identificar a baliza correcta nunhas fotos. Toda a información (boletín, información, vídes, etc…) estará na páxina web de Trevinca (https://clubtrevincabarco.org/club/orientacion-de-precision-en-ourense-20-05-2020/).

Animádevos a participar, e se o facedes facédemo saber porque o terei en conta.

Un saúdo.