Voltamos ao parque municipal a orientarnos!

Como preparación para o próximo campionato escolar de orientación, voltamos a practicar este deporte no noso fermoso parque municipal, cos cursos que quedaban sen probalo: terceiros e primeiros da ESO. Foi unha xornada soleada e moi entretida, fixemos varios percorridos diferentes, tratando de atopar tódalas balizas na orde correcta, e de paso, foi unha forma de facer unha clasificación para o campionato provincial, xa que só poderán ir dez persoas de cada categoría. 

Vémonos no monte!