Un entroido moi deportivo!!

Este ano escollemos un fío condutor moi deportivo, para celebrar o noso entroido: AS OLIMPÍADAS! Todos os disfraces tiñan que versar sobre algún deporte e ao longo da mañá estivemos xogando aos deportes mais inverosímiles e graciosos que se nos ocorreron: voleibol con pelota xigante, indiaca, ultimate, fútbol con pelota saltarina, suavibol, béisbol-rugby, balonmán con gol de cabeza,... E ao equipo que chegou a final...PREMIO! Xogar un partido de brilé contra os profes. Todo o centro estivo moi implicado, foi un día moi activo e divertido. E nos desfiles de disfraces, cada grupo bailou as coreografías que estivemos practicando nas clases. Todo un éxito!

Como nos gusta a festa!! MIrade, mirade!!!