Final provincial de campo a través en Monterrei

O sábado 9 de febreiro disputouse a final provincial de campo a través nas instalacións deportivas de Monterrei. Ata alí desprazáronse un grupo de dez corredores do noso IES xunto co profe Jaime. Foi unha xornada estupenda, chea de nervios e ilusión, onde reinou a deportividade.  Os nosos mellores clasificados foron Ana González en categoría infantil, que quedou nada menos que subcampioa da provincia! e Guillermo Barreiro que acadou a oitava posición en categoría cadete. Vémonos no campionato galego!