Voltamos a Puzo do Lago!

Un ano máis voltamos a participar na fase comarcal do campionato escolar de campo a través. Despois de varios cambios de datas pola chuvia, finalmente os nosos rapaces e rapazas desafiaron ao frío o 16 de xaneiro no circuíto de Puzo do Lago. Foi unha xornada estupenda, na que voltamos ao instituto con varias medallas e con TODOS os membros dos equipos do Chamoso Lamas clasificados para a final provincial de cross. Ben feito!!