CARREIRA DE ORIENTACIÓN NO PARQUE DO CARBALLIÑO

 

O pasado 8 de maio acompañounos o tempo para que os alumnos de 1º da ESO participasen da actividade lúdica "Carreira de Orientación" do Programa Xogade.

Tratouse dunha xornada práctica seguindo as indicacións que previamente se deron nunha charla teórica desenvolvida no centro.

O especialista Xosé Antonio e a profesora de Educación Física Montserrat queren agradecer os alumnos a súa participación compartindo as fotos deste día no seguinte enlace: Carreira de Orientación no parque do Carballiño.