O 25 de outubro de 2024, representantes da ASOCIACIÓN DE INSTALADORES ELÉCTRICOS E DE TELECOMUNICACIÓNS DE OURENSE E PROVINCIA( INSTALECTRO), xunto a un destacado grupo de empresarios e comerciais do sector da nosa provincia, asistiron ao IES M Chamoso Lamas do Carballiño para coñecer á participante (M.ª Dolores Gómez Salgueiro) que representará a Ourense no Concurso de Xóvenes Instiladores de toda España, que se celebrará no MATELEC 2024 de Madrid, entre os días 5 e 8 de novembro. Ademáis, fixeron entrega do material eléctrico necesario para practicar a proba do concurso.
Dende o IES M Chamoso Lamas agradecemos a colaboración de todos os axentes implicados e estamos orgullosos de poder presentar ao concurso a esta destacada estudante comprometida con este evento de relevancia Nacional.
A FENIE (Federación Nacional de Empresas de Instalacións Eléctricas, Telecomunicacións e Climatización de España) vén celebrando en MATELEC Salón Internacional de Solucións para a Industria Eléctrica e Electrónica.) en IFEMA (Madrid) o concurso de mozos Instaladores a nivel Nacional de todas as Provincias de España, resultando esta a XVII edición na que terán que realizar unha montaxe eléctrica durante os días 5, 6, 7 e 8 de Xuño, no que tamén se ha incluído unha proba escrita do REBT (Regulamento Electrotécnico de Baixa Tensión), así como a realización dun orzamento mediante unha aplicación.
Este ano houbo un total de 41 Participantes dos cales este ano 3 concursantes eran alumnas femininas deste sector, polas provincias de Cuenca, Valencia e Ourense. O ritmo de traballo foi frenético durante todos os días que durou o concurso. Todos os visitantes á Feira puideron observar a evolución dos e as participantes.
Durante o concurso todos os e as participante tiveron numerosas ofertas de emprego nun sector con cada vez menos profesionais.
Álbum: CURSO 2024/2025 -> Concurso Jóvenes Instaladores MATELEC 2024