IES DE CATABOIS

Tfs: Administración: 881 930 233 - Conserxería: 881 930 238

Orientación: 881 930 237 - PFB: 881 930 236 - Fax: 881 930 241

E-mail: ies.catabois@edu.xunta.gal

50º ANIVERSARIO do IES de Catabois

Instalacións do centro

IES de Catabois é un centro público no que se imparten os catro cursos da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), 1º e 2º BAC, e dous perfís: Comercio e Almacen, e Industrias Alimentarias dos Programas Formativos Básicos (PFB).
Atópase situado no concello de Ferrol, na estrada de Catabois, nº 560, a uns tres quilómetros do centro urbano.

Contacto:

Tf:     881 930 233 - Administración

         881 930 237 - Orientación

         881 930 238 - Conserxaría

     881 930 237 - Programas Formativos Básicos

FAX: 881 930 241 

email: ies.catabois@edu.xunta.es

Dirección: Estrada de Catabois, nº 560.  15405  Ferrol (A Coruña)

Instalacións:
•Un edificio de administración dunha planta no que están os despachos de dirección, secretaría, xefatura de estudos, orientación, oficinas de administración, local para ANPA, comedor, almacén, radio, e servizos.
•Un edificio de dúas plantas onde están as aulas, a biblioteca, o taller de tecnoloxía, o laboratorio de ciencias, o laboratorio de idiomas, as dúas aulas de informática, a de música, a de plástica, o aula de audiovisuais que se utiliza tamén como salón de actos, a conserxería, sala de profesores, a cafetería, os departamentos, os servizos para alumnado e profesorado e varios almacéns.
•Un edificio de planta baixa, que foi a antiga casa do conserxe.
•Un pavillón cuberto para educación física.
•Un patio exterior amplo con dúas pistas de cemento e un recinto semicuberto.
Dentro do perímetro escolar hai varios xardíns con plantas e árbores diversas.
 
 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer