Skip to Content

Lugo: entre os contos de terror e a Galicia imperial

 

 

Os departamentos de Lingua Galega e Ciencias Sociais organizaron unha saída a Lugo para todos os alumnos de 1º de ESO. Como somos tantos, tivemos que repartirnos: os de B, C e D irán o martes 21 de abril, pero os de A, E e F xa nos adiantamos unha semana!

Pola mañá estivemos na cidade e dividímonos en dous grupos: mentres un ía ao Museo, o outro visitaba a cidade. Vimos a catedral e o máis importante da parte vella, pero o máis interesante foi o paseo pola Muralla Romana... aínda que non todos foron capaces de percorrela completa! No Museo, organizáronnos unha competición de preguntas sobre o libro de medo que lemos no segundo trimestre, así que tivemos que percorrer unha chea de salas nós sós. E ata houbo premio para o grupo gañador! Alí había de todo: cadros, restos castrexos, un descomunal mosaico romano, moedas, unha cociña tradicional... Menos mal que non nos saíu ningún dos espectros nin asasinos do libro, a pesar de que algúns puidemos entrar en zonas prohibidas.

Á tarde, despois de comer e descansar as pernas da camiñada pola Muralla, o autobús levounos ao castro de Viladonga, onde nos puxeron un vídeo breve e despois nos levaron a unha visita guiada polos restos arqueolóxicos escavados. Subimos ao alto dos muros defensivos e andamos entre as vivendas do recinto fortificado. Ah, e tamén tivemos que facer outro caderniño no centro de interpretación para levarlle á profe de Sociais.

 

Contador de visitas



page | by Dr. Radut