O noso centro que agora leva o nome do “IES Castro Alobre“ empezou a camiñar no ano 1952/53 co nome de Centro de Ensino medio e profesional ”Calvo Sotelo”. O longo deste tempo, os seus muros foron testemuñas mudas dos cambios sociopolíticos da sociedade e consecuentemente do sistema educativo. Tamén do paso de moitas xeracións de profesores /as, alumnos/as e persoal non docente.
Curso 1952/53: Neste primeiro curso matriculáronse 94 alumnos en 1º de bacharelato laboral elemental. Esta titulación constaba de 5 cursos, que foron aparecendo nos anos sucesivos.
Curso 1959/60: Iníciase o Bacharelato laboral superior que constaba de dous cursos.
Curso 1966/67: Os estudios que se realizaban no centro cambian de denominación e pasan a ser Bacharelato Técnico Elemental e Superior (seguen sendo 5 cursos no elemental e 2 no superior.)
Curso 1967/68 : Aparecen por 1º vez alumnas. Matricúlanse en 1º de Bacharelato Elemental 14 alumnas, por este motivo aparece a materia Fogar . Tamén aparece neste momento o Ensino libre con 2 alumnos en 1º, 1 en 2º, 1 en 3º e 1 en 4º.
Curso 1968/69: Aparece o Bacharelato Elemental Unificado, e impártese tamén “Curso de adaptación para o Acceso o bacharelato técnico Elemental a Escolas técnicas de grao medio.
Curso 1970-71: O centro pasa a chamarse Instituto Técnico de Ensino Medio “Calvo Sotelo. Desaparecen os primeiros cursos de bacharelato elemental.
Curso 1971-72: Aparece por primeira vez un grupo mixto; un 5º de letras.
Curso 1975-76: No curso 75-76 aparece 1º de BUP e o instituto volve a cambiar o nome por Instituto Nacional de Bacharelato “Calvo Sotelo”.
Curso1983-84: Acádase a maior matrícula con 255 alumnos /as.