Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
15
| 16
| 17
Start: 17/04/2013 00:14
O dia 20 de Marzo o grupo de Ética e Filosofia do Dereito , complementando as ensinanzas académicas levou a cabo unha visita aos xuzgados de Vilagarcía de Arousa. Trala presentación inicial por parte do Secretario do Xuzgado , pasounos á sala de vistas onde nos fixo unha introducción xeral ao funcionamento da xustiza representada alí por: unha xuíza, a fiscal e el mesmo. Ademáis explicounos que alí se atenden non só asuntos civís senón tamén penais. A continuación presenciamos dous xuízos de faltas. O primeiro deles se trataba de dous cidadáns dos que ún denuncia por agresión que se deu debido ás inxurias que se propiciaban entre ambos. Na súa declaración o acusado admitiu os feitos. O denuciante non pediu unha indemnización polos danos pero a fiscal solicitou impoñer unha multa de cinco euros diarios durante un mes, des pois de preguntarlle polos seus ingresos( xa que iso inflúe na cantidade solicitada). Ese diñeiro é para o Estado como pagamento pola mala conducta. Ao rematar firmaron un acta. Como anécdota hai que decir que posteriormente foron vistos xuntos por unha compañeira do grupo. No segundo caso presentáronse, un pai co seu fillo menor que denuncia ao seu veciño pola mordedura ao menor do can deste. O denunciante afirmou que ese can xa atacara a un membro desta familia. O acusado recoñeceu os feitos. O demandante só reclamou os gastos médicos. A fiscal pregunta ao acusado a súa situacion laboral e impuxo a mesma multa que no primeiro caso ao estar o acusado desempregado. Despois dos xuizos, no coloquio, en relación con aspectos morais afirmaban, os membros do tribunal, a súa imparcialidade porque só aplican a lei,aínda que si recoñeceron que un día malo pode influir algo . Insistironnos moito de que a xustiza non pode solucionar problemas morais, soamente aplicanse penas en función das leis aprobadas no Congreso e é o último recurso ao que se pode acudir. Nos explicaron en que consistía a carreira de Dereito, que non é só chapatoria, que é máis práctica do que a xente se imaxina. Animáronnos a facela por que din que ten moitas saídas profesionais. Admiten que o traballo non se fai monótono debido a diversidade de persoas que acuden cada día aos xuzgados. Antes de recurrir a xustiza é mellor chegar a un acordo ou mediar, pola incomodidade dun xuizo e a lentitude da xustiza interrumpida por casos , que segundo consideraban os membros do tribunal, non resolven nada importante. Nos xuzgados de Vilagarcía non hai confrontacións fisicas ou verbais entre as partes ou as autoridades. A pesares desto a fiscal contounos casos que vivira en outras cidades que a asustaron. David: Foi unha visita interesante e produtiva, xa que pola miña parte e pola de todo o grupo aprendemos como se desenvolve por dentro un xuizo e o que hai nos xulgados.A idea que tiña eu dos xuíces antes de ir á visita era moi distinta a cando fun,vin doutra maneira xa que as persoas que traballan alí son moito mais amables do que esperaba,eu pensaba que o xuiz era un home/muller maoir e en cambio era unha muller xoven.Por otra banda tamén aprendín como se desenvolve un xuizo,estos coñecementos son cultura xeral , e pódense adaptar a calquera ámbito da vida diaria .En conclusión gustoume moito a visita ,e gustariame volver. Laura: Visitar os xulgados enriqueceume persoalmente ademáis de aprender dende un punto de vista diferente o que significan as leis e a forma de xulgar . A maioria dos que fomos, nun principio criamos que acusar a alguén non poderia ocasionarche ningunha consecuencia pero tras a visita sabemos que a xustiza é moito mais complexa que unha seria de denuncias e castigos, cando entras nos xulgados sexa como acusado ou como denunciante estás exposto ante calquera castigo posible. En canto ás persoas que nos atenderon foron máis que amables, contenstaronnos con moito detalle todas as nosas dudas ademáis de facernos unha breve introduccion explicando o que alí se facía e o que significaba a grandes rasgos a “xustiza”. Sen duda repetiría a experiencia. | 18
| 19
| 20
| 21
|