Aberto o prazo para a solicitude dos Premios extraorinarios da ESO ao rendemento académico. Conovocatoria 2023-24.
O prazo de solicitudes remata o 8 de xullo
requisitos:
a) Ter cursado durante o ano académico 2023/24 4ºESO no réxime ordinario.
b) Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
c) Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.
Tedes máis información premendo o seguinte link
DATAS DE MATRÍCULA
Prazo ordinario do 24 de xuño ao 05 de xullo
Poden recoller os sobres de matrícula na secretaría do centro
Aprende Portugués no IES Carlos Casares
No vindeiro curso imos ofertar como 2ª Lingua extranxeira, ademais de Francés, Portugués
Comeza o prazo para a solicitude de libros de texto de FONDOLIBROS (tedes toda información no enlace).
Prazo de solicitude: do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos
O alumnado ou, de ser o caso, proxenitores ou as persoas titoras legais que non estean de acordo coas cualificacións ou decisións adoptadas na avaliación final ordinaria ou extraordinaria de 2º de Bacharelato poderán solicitar unha reclamación no centro seguindo o procedemento que se detalla a continuación:
1º) Poderán solcitar as aclaracións que consideren precisas á persoa titora ou ao profesorado responsable da materia, de acordo co procedemento establecido nas normas do centro.
2º) No caso de que persista o desacordo, poderán solicitar por escrito á dirección do centro a revisión da devandita cualificación ou decisión os días 20 e 21 de maio de 2024.
Poden atopar máis información sobre o procodemento premendo no icono de reclamacións de cualificacións.