Portugués no Casares

Enderezo: Av. da Ponte, 102, 36215 Vigo, Pontevedra  
  
Horario de clases:


            De luns a venres de 8:40 a 14:10 horas
            Luns: 16:50 a 18:30 horas
            Recreo: 11:10 a 11:40 horas
 
Horario de oficinas:

             De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
 
Horario de visitas: 
         
            Prégase pedir cita previa
 
Correo electrónico: ies.carlos.casares@edu.xunta.gal
             Conserxería: 886 12 04 29
         Secretaría: 886 12 04 30
 
 

 

 

 
   
   
     

ANPA

 

 

 

 

 

VIAXES FIN DE CURSO  

 

 

 Aprende Portugués no IES Carlos Casares

No vindeiro curso imos ofertar como 2ª Lingua extranxeira, ademais de Francés, Portugués

Na exposición de motivos da LEI 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía indicase:

 

“No actual mundo globalizado, as institucións galegas, comprometidas co aproveitamento das potencialidades de Galicia, deben valorizar o galego como unha lingua con utilidade internacional, algo que indicou no seu debido tempo o autor a quen foi dedicado o Día das Letras de 2012, que chegou a exercer como vicepresidente da Comissão Galega do Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa.

O portugués, nacido na vella Gallaecia, é idioma de traballo de vinte organizacións internacionais, incluída a Unión Europea, así como lingua oficial de nove países e do territorio de Macau, na China. Entre eles figuran potencias económicas como o Brasil e outras economías emerxentes. É a lingua máis falada no conxunto do Hemisferio Sur.

É preciso fomentar o ensino e a aprendizaxe do portugués, co obxectivo, entre outros, de que empresas e institucións aproveiten a nosa vantaxe lingüística, un valor que evidencia a importancia mundial do idioma oficial dun país veciño, tendo en conta tamén o crecente papel de bloques como a Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa.

A lingua propia de Galicia, polo feito de ser intercomprensible co portugués, outorga unha valiosa vantaxe competitiva á cidadanía galega en moitas vertentes, nomeadamente na cultural pero tamén na económica. Por isto debemos dotarnos de métodos formativos e comunicativos que nos permitan desenvolvernos con naturalidade nunha lingua que nos é moi próxima e nos concede unha grande proxección internacional.

Polo tanto, para a mellora do desenvolvemento social, económico e cultural galego, as autoridades deben promover todas cantas medidas sexan posibles para mellor valorizar esta vantaxe histórica.”



É por isto que o IES Carlos Casares de Vigo quere promover para o curso 2024-25 a introdución da Lingua Portuguesa como segunda lingua estranxeira, apoiando así o uso dunha lingua próxima a nós fisica e culturalmente. Queremos iniciar un camiño para que o noso alumnado abra posibilidades para o seu futuro, e para rematar coas fronteiras que só co fomento da cultura podemos derrubar. 

 

Animamos ás familias e a toda a comunidade educativa a colaborar nesta iniciativa.

 

Equipo Directivo do IES Carlos Casares de Vigo