Listaxe definitivo do Fondo libros da Xunta
Xa podedes consultar na entrada do centro a listaxe definitiva dos libros concedidos pola Xunta e a listaxe definitiva de vales para adquirir material escolar para os cursos da ESO.
Poderedes recoller os vales o mércores 24 e o luns, martes e mércores da semana que vén (29, 30 e 31) en horario de 9:00 a 14:00 h. Tamén a partir do 2 de setembro.
Recordade que unicamente pode recoller o vale a persoa que cursou a solicitude.
Os libros de texto entregaranse coma sempre ao comezar as clases.
LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO DE LIBROS 2024-25
Xa podedes consultar no taboleiro da entrada do centro a listaxe provisional do fondo libros para o próximo curso. Poderedes presentar reclamacións ata o día 16 de xullo.
Libros de texto curso 24/25. Confirmados os worbook tamén de 1º e 2º ESO
xa están confirmados os worbook tamén para 1º e 2º ESO (ver no enlace)
Premios
Aberto o prazo para a solicitude dos Premios extraorinarios da ESO ao rendemento académico. Conovocatoria 2023-24.
O prazo de solicitudes remata o 8 de xullo
requisitos:
a) Ter cursado durante o ano académico 2023/24 4ºESO no réxime ordinario.
b) Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
c) Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.
Tedes máis información premendo o seguinte link
O luns 24 de xuño ábrese o prazo de matrícula para o vindeiro curso
DATAS DE MATRÍCULA
Prazo ordinario do 24 de xuño ao 05 de xullo
Poden recoller os sobres de matrícula na secretaría do centro
Portugués no Casares
Aprende Portugués no IES Carlos Casares
No vindeiro curso imos ofertar como 2ª Lingua extranxeira, ademais de Francés, Portugués