SEDE DE ACTUACIÓN DO TRIBUNAL: IES CARLOS CASARES, Avenida da Ponte, nº 102, Vigo TEL: 886120429 (mapa)
APARCAMENTO PRÓXIMO parque comercial do Meixueiro (20 min a pé) e polo camiño do Arieiro BUS urbano: 15C Parada: Avda Ponte (tanatorio) XG624026 - chegada 8:32 (Vitrasa)
ACTO DE PRESENTACIÓN: Data: 22 xuño.
Hora: 09:00 (Prégase estar con 10 minutos de antelación).
Unha vez accedido ao recinto, atoparán carteis indicadores dos espazos onde deben presentarse, segundo o tribunal que lles corresponde. O Tribunal nº 1 realizará a presentación nas catro aulas da planta de entrada (o mesmo lugar onde se realizará a proba) distribuídos por orde. O Tribunal nº 2 realizará a presentación no Salón de Actos.
O chamamento empezará pola letra T, e deberase acreditar debidamente a identidade cun documento oficial.
A presentación ten carácter persoal e é obrigatoria para participar no proceso. A non comparecencia suporá o decaemento de dereitos e a exclusión do procedemento.
O persoal aspirante que necesite de adaptación dos espazos para a accesibilidade, deberá comunicalo a este tribunal antes do 21 de xuño.
O cabelo longo debe estar recollido. Non se poderán levar aparellos electrónicos que permitan a conexión co exterior.
FASE DE OPOSICIÓN:
PARTE A DA PROBA (QUENDAS D, L)
Data: 22 xuño
Hora: 11:00-13:00 (Prégase estar 20 minutos antes).
As persoas aspirantes accederán ao mesmo espazo onde tivo lugar a presentación, dende 20 minutos antes do comezo da proba (10:40) e situaranse no mesmo posto, deixando o documento de identificación (DNI) enriba da mesa en todo momento.
A proba consistirá no desenvolvemento por escrito dun tema elixido pola persoa aspirante, de entre cinco temas dos 72 publicados, extraídos ao chou polo tribunal, segundo o temario propio da especialidade recollido no Anexo III da Orde do 9 de setembro de 1993, do Ministerio de educación (BOE núm. 226, do 21 de setembro, páx. 27412-4).