O noso centro vai ser o lugar dos Tribunais de Oposicións 2023 da especialidade de Debuxo de Educación Secundaria

Enderezo: Av. da Ponte, 102, 36215 Vigo, Pontevedra  
  
Horario de clases:


            De luns a venres de 8:40 a 14:10 horas
            Luns: 16:50 a 18:30 horas
            Recreo: 11:10 a 11:40 horas
 
Horario de oficinas:

             De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
 
Horario de visitas: 
         
            Prégase pedir cita previa
 
Correo electrónico: ies.carlos.casares@edu.xunta.gal
             Conserxería: 886 12 04 29
         Secretaría: 886 12 04 30
 
 

 

 

 
   
   
     

ANPA

 

 

 

 

 

VIAXES FIN DE CURSO  

 

 

  • SEDE DE ACTUACIÓN DO TRIBUNAL: IES CARLOS CASARES, Avenida da Ponte, nº 102, Vigo TEL: 886120429 (mapa)

  • APARCAMENTO PRÓXIMO parque comercial do Meixueiro (20 min a pé) e polo camiño do Arieiro BUS urbano: 15C  Parada: Avda Ponte (tanatorio) XG624026 - chegada 8:32  (Vitrasa)

  • ACTO DE PRESENTACIÓN: Data: 22 xuño.

Hora: 09:00 (Prégase estar con 10 minutos de antelación).

Unha vez accedido ao recinto, atoparán carteis indicadores dos espazos onde deben presentarse, segundo o tribunal que lles corresponde. O Tribunal nº 1 realizará a presentación nas catro aulas da planta de entrada (o mesmo lugar onde se realizará a proba) distribuídos por orde. O Tribunal nº 2 realizará a presentación no Salón de Actos.

O chamamento empezará pola letra T, e deberase acreditar debidamente a identidade cun documento oficial. 

A presentación ten carácter persoal e é obrigatoria para participar no proceso. A non comparecencia suporá o decaemento de dereitos e a exclusión do procedemento.

O persoal aspirante que necesite de adaptación dos espazos para a accesibilidade, deberá comunicalo a este tribunal antes do 21 de xuño.

 

O cabelo longo debe estar recollido. Non se poderán levar aparellos electrónicos que permitan a conexión co exterior.

  • FASE DE OPOSICIÓN:

    • PARTE A DA PROBA (QUENDAS D, L)

Data: 22 xuño

Hora: 11:00-13:00 (Prégase estar 20 minutos antes).

As persoas aspirantes accederán ao mesmo espazo onde tivo lugar a presentación, dende 20 minutos antes do comezo da proba (10:40) e situaranse no mesmo posto, deixando o documento de identificación (DNI) enriba da mesa en todo momento.

 

A proba consistirá no desenvolvemento por escrito dun tema elixido pola persoa aspirante, de entre cinco temas dos 72 publicados, extraídos ao chou polo tribunal, segundo o temario propio da especialidade recollido no Anexo III da Orde do 9 de setembro de 1993, do Ministerio de educación (BOE núm. 226, do 21 de setembro, páx. 27412-4).