De cara ao exames destes días, informámosvos do protocolo particular que adoptaremos:
1.
Os exames faranse todos no salón de actos.
2.
O profesorado chamará por orde ao seu alumnado na porta de entrada ao centro. Ao entrar, o alumnado lavará as mans co xel hidroalcohólico disposto na entrada, entrará coa súa máscara e sentará nunha das cadeiras do salón de actos que estea marcada cun punto verde.
3.
Durante o exame o alumnado non poderá intercambiar material escolar.
4.
Ao rematar o exame, o alumnado limpará cos produtos de limpeza que haberá no Salón de actos a súa cadeira e a súa mesa, e tentará non tocar outras mesas diferentes á súa.
5.
A saída dos exames farase polas portas laterais do salón de actos ao exterior.
6.
Se un alumno ten un exame a continuación doutro, sairá do Salón de actos e situarase de novo na porta de entrada para ser chamado polo profesor/a do seguinte exame.