Skip to Content

Actividades

DÍA DE ROSALÍA

Rosalía
O pasado 24 de febreiro celebrouse o "Día de Rosalía" co gallo da conmemoración do seu nacemento.
Mediante unha inicativa da Biblioteca, o noso centro celebrou unha actuación especial do alumnado de 2º de BAC e 1º de ESO, interpretando "Adiós ríos, adiós fontes" e "Negra sombra" no segundo recreo, tentando así lembrar os poemas de Rosalía e manter viva a súa lembranza entre os máis novos.

 

MAGOSTO E SAMAÍN 2014

10/11/2014 16:00
10/11/2014 17:40

O pasado luns 17 de novembro pola tarde celebrouse o magosto no IES Cabo Ortegal, actividade organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co departamento de Educación Física. Puidéronse degustar castañas asadas, realizándose tamén actividades deportivas e xogos populares.

magosto1     magosto2

Pódese consultar máis información no blog ortegalingua.

Estes días tamén se ven de celebrar "Halloween na Biblio", organizado polo Equipo de Biblioteca en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e co departamento de Educación Plástica. Unha das actividades realizadas foi un concurso de sobremesas, sendo as gañadoras Clara Arcos, Aldara Hevia, Cristina Landrove e Nerea Vale. Tamén obtiveron premio Marco López (2º premio) e Rafael Santos e Carmen Winter (3º premio). Noraboa rapaces e rapazas!!!!

tartas1     tartas2

Pódese consultar máis información no blog ortegalendo no apartado de actividades.

MAGOSTO E SAMAÍN 2014

Na tarde do pasado luns 10 de novembro celebramos o magosto no IES Cabo Ortegal, actividade que foi organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co departamento de Educación Física. Puidéronse degustar castañas asadas, realizándose tamén actividades deportivas e xogos populares.

magosto1     magosto2

Pódese consultar máis información no blog ortegalingua.

Estes días tamén se ven de celebrar "Halloween na Biblio", organizado polo Equipo de Biblioteca en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e co departamento de Educación Plástica. Unha das actividades realizadas foi un concurso de sobremesas, sendo as gañadoras Clara Arcos, Aldara Hevia, Cristina Landrove e Nerea Vale. Tamén obtiveron premio Marco López (2º premio) e Rafael Santos e Carmen Winter (3º premio). Noraboa rapaces e rapazas!!!!

tartas1     tartas2

Pódese consultar máis información no blog ortegalendo no apartado de actividades.

Ciclo cine bélico (Senderos de gloria, 1957)

30/10/2014 16:50
30/10/2014 18:30
  • Cine bélico:Senderos de gloria (1957)
    • ESO, Bac, ESA, pais, nais e/ou titores legais do alumnado
    • 16:50-18:30
    • Aula Usos Múltiples
    • Dtos. Xeografía e Historia e Biblioteca

Ciclo cine bélico (War horse, 2012)

29/10/2014 16:00
29/10/2014 18:30
  • Cine bélico: War horse (2012)
    • ESO, Bac, ESA, pais, nais e/ou titores legais do alumnado
    • 16:40-18:30
    • Aula Usos Múltiples
    • Dtos. Xeografía e Historia e Biblioteca

Ciclo cine bélico (Gallipolli, 1981)

28/10/2014 16:40
28/10/2014 18:30

  • Cine bélico: Gallipolli (1981)
    • ESO, Bac, ESA, pais, nais e/ou titores legais do alumnado
    • 16:40-18:30
    • Aula Usos Múltiples
    • Dtos. Xeografía e Historia e Biblioteca

Día de Rosalía

24/02/2014 10:25

No día de Rosalía, imos poñer na biblio e durante os dous recreos a súas poesías cantadas ou recitadas.

Tamén habrá unha escolma dos seus libros na estantería do medio.

OS NOSOS MARCAPÁXINAS 2014

07/03/2014 16:53
07/03/2014 16:53

Estes marcapáxinas DO Blog do ENDL do IES Cabo Ortegal foron feitos por dúas alumnas de 4º ESO: Sara Arcos Rego e Carmen Docal García



CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

19/01/2014 09:34
19/01/2014 09:34

CONCURSO MARCAPÁXINAS

OBXECTIVO: HOMENAXEAR A MULLER

Co gallo do día da Muller Traballadora (8 de marzo), o equipo de Biblioteca e ENDL, coa colaboración do Departamento de Plástica organiza un concurso de marcapáxinas. Para darvos ideas e axudarvos a elaboralos faranse dous obradoiros na Biblioteca os días 24 e 31 de xaneiro nos recreos. Tedes que traer anacos de  papeis de cores de cartón e cintas, cola, clips, tesoiras e imaxinación. Podédesvos apuntar na biblioteca.

BASES:

1. Elaboración dun marcapáxinas con este tema.

2. Idioma:galego.

3. Materiais: calquera.

4. Valoración: deseño, traballo e elaboración.

5. Entrega: nun sobre que levará o pseudónimo e dentro irá o traballo e un sobre pechado coa identificación do autor.

6. Data de entrega: 28 de febreiro na Biblioteca.

7. Entrega de premios: 7 de marzo no primeiro recreo na Biblioteca.

Magosto

09/11/2012 12:20
09/11/2012 14:00

Celebración do magosto, con xogos populares, actividades deportivas e degustación de castañas asadas.

Día: 9 de novembro

Hora: 12:20 a 14:00

The Beatles: 50 anos

29/11/2013 10:10
29/11/2013 12:20

Actividade do equipo da biblioteca e do Departamento de Inglés.

The Beatles: 50 anos. Escoller a canción preferida dos Beatles dentro das que están catalogadas como as 10 mellores. Escoita das cancións na biblioteca, letra das cancións colgadas nun tablón e votos na propia biblioteca.

Temporalización: Semana do venres 29 de novembro ao xoves 5 de decembro de 2013. 

Grupos: Todo o centro.

Horario: Os recreos.

Lugar: A biblioteca.

Samaín / Halloween

30/10/2013 10:10
30/10/2013 12:20

Actividade do equipo da biblioteca.

Disfraces e concurso de sobremesas:

·         1º recreo, exposición de sobremesas e valoración do xurado 

·         2º recreo, fallo do xurado e entrega de premios  

Día: Mércores 30 de outubro de 2013.

Grupos: Todo o centro.

Horario: Os 2 recreos. 

Lugar: A biblioteca.

Día Internacional da biblioteca

24/10/2013 10:10
24/10/2013 12:20

Actividade do equipo da biblioteca.

Celebración do Día internacional da Biblioteca coa actividade titulada: “Mostra e conta”. Trátase de que os alumnos mostren o seu libro favorito e que conten o porqué, que fagan un breve resumo e falen un pouquiño do seu autor/a. Poden tamén contar qué tipo de libros len a miúdo, os seus autores preferidos ...

Día: Xoves 24 de outubro de 2013. 

Grupos: Todo o centro.

Horario: Os 2 recreos. 

Lugar: A biblioteca.

Distribuir contido


by Dr. Radut