Skip to Content

IV CERTAME DE MICRORRELATO E FOTOGRAFÍA 'EXERIA'

 

Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani (Redondela) e do IES Mendiño (Redondela), en colaboración coa Biblioteca Escolar, convocamos a IV edición do Certame de microrrelato e fotografía Exeria, destinado a todo o alumnado dos tres centros organizadores. 

 

Nesta cuarta edición, a temática proposta son os descubrimentos. Explorar o mundo é unha aventura que nos conecta coa nosa curiosidade e herdanza. Con este certame, celebramos a valentía dos descubrimentos, invitando a compartir historias e imaxes que capturan a esencia destas exploracións. Sumádevos a esta viaxe de palabras e imaxinación, onde cada participante é un navegante moderno. Deixade que as vosas creacións descubran novos horizontes e inspirade outras persoas a facer o mesmo. Animámosvos a mergullarvos no pasado ou a soñar con futuros destinos, capturando a esencia dos descubrimentos nun microrrelato e nunha imaxe. Estades preparadxs para explorar e compartir os vosos mundos? Participade e descubride os territorios ocultos da vosa creatividade!

 

O prazo de presentación dos traballos é do 15 de marzo ó 5 de abril de 2024.

 

Picade aquí para acceder ás bases completas do certame.



book | by Dr. Radut