Eventos
O alumnado de 3º ESO recibe á escritora Andrea Maceiras o martes 5-3-24 de 11:30 a 12:20 horas para conversar arredor da obra O que sei do silencio.
A actividade está organizada polos departamentos de Biblioteca, EDLG e Lingua Galega.
O alumnado de 1º BAC que forma parte do equipo de Polos Creativos participa o mércores 6 de marzo de 08:30 a 18:00 horas nunha xornada informativa de prelanzamento do Cansat na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.
O Desafío Cansat está incluido dentro do programa de innovación educativa Polos Creativos, o cal está en pleno desenvolvemento en todos os centros educativos galegos.
A actividade está organizada polo equipo de Polos Creativos do IES Cabo Ortegal
Beatriz Otero, unha das profes de Tecnoloxía do centro, participou no programa PIALE 2023 que consistiu na integración nun instituto de Toronto durante 4 semanas. Aquí vos deixa un pequeno resumo da experiencia.
Letra: Calaude Amesse, Franco Dragone, Manuel Trados.
Música: de René Dupéré.
Xa está instalado no instituto o Punto Laranxa contra o acoso escolar nos centros educativos galegos cunha imaxe común e uniforme para que sexa perfectamente identificads e accesible.
Este punto laranxa ten un formato físico na propia instalación e outro virtual a través da web de cada centro educativo. A nosa é http://www.edu.xunta.gal/centros/iescaboortegal/node/1780
O seu funcionamento é como o dunha caixa de correos a través da cal o alumnado pode comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou perciban en terceiros.
Para xestionar esta caixa de correos, en cada centro educativo constitúese un equipo de actuación contra o acoso escolar integrado, entre outros, polo coordinador de benestar emocional e convivencia e a persoa orientadora do centro. Deste xeito, o alumnado conta cun equipo de referencia ao que dirixirse no caso de que o precise.
Ademais, no novo Protocolo educativo para a prevención, a detección e o tratamento do acoso e do ciberacoso escolar recentemente actualizado, establécese un procedemento de intervención ante os posibles casos que se coñezan por esta vía.
O 12 e 13 de marzo o noso profesorado realizou un curso sobre a dinamización da biblioteca a través do teatro impartida pola compañía @artesacia, composta por Laura Villaverde e Roi Fernández. Parece que o pasaron moi ben!!!
Hoxe foi un día moi produtivo e colorido ;).
Programamos o arduino, cosimos o paracaídas de moitas cores e comezamos a facer outra proba de impresión da carcasa.
2ª AVALIACIÓN
CICLO de 15:30 a 16:00 horas
3º ESO A de 15:30 a 16:30 horas
4º ESO A de 16:30 a 17:30 horas
4º ESO PDC de 17:30 a 18:00 horas
1º BAC A de 18:00 a 19:00 horas
O alumnado de 4º ESO realiza a súa viaxe didáctica de Fin de Etapa a Tenerife do 16 ao 22 de marzo de 2024.
2ª AVALIACIÓN
1º ESO A de 16:00 a 17:00 horas
2º ESO A de 17:00 a 17:45 horas
2º ESO B de 17:45 a 18:30 horas
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA
AS CLASES COMEZARÁN O MARTES 2 DE ABRIL CO HORARIO HABITUAL
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA
AS CLASES COMEZARÁN O MARTES 2 DE ABRIL CO HORARIO HABITUAL
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA
AS CLASES COMEZARÁN O MARTES 2 DE ABRIL CO HORARIO HABITUAL
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA
AS CLASES COMEZARÁN O MARTES 2 DE ABRIL CO HORARIO HABITUAL
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA
AS CLASES COMEZARÁN O MARTES 2 DE ABRIL CO HORARIO HABITUAL
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA
AS CLASES COMEZARÁN O MARTES 2 DE ABRIL CO HORARIO HABITUAL
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA
AS CLASES COMEZARÁN O MARTES 2 DE ABRIL CO HORARIO HABITUAL
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA
AS CLASES COMEZARÁN O MARTES 2 DE ABRIL CO HORARIO HABITUAL