Eventos - Filtro:
Mér | ||
---|---|---|
Start: 20/12/2017 11:15
End: 20/12/2017 13:30
O 20 decembro, parte do alumnado e profesorado do IES Cabo Ortegal participou na gravación dunha flashmob no faro do Cabo Ortegal para o concurso da campaña de Gadis "Global Muiñeira". Esta actividade foi organizada pola profesora Marián Calvo, que, contando coa axuda de gran parte de profesoras e profesores e coa participación e motivación de alumnas e alumnos, conseguiu un espectacular video que se pode ver na páxina oficial do concurso clicando no seguinte enlace: Global Muiñeira. A Actividade tivo gran repercusión na prensa escrita como podemos ver na Voz de Galicia e en Ferrol360.es Noraboa a todos/as!!! |