Eventos - Filtro:
Lun | ||
---|---|---|
Start: 15/06/2015 16:00
Como remate dos actos levados a cabo este ano dentro do Plan Proxecta, na liña do Proxecto Terra, tivo lugar a conferencia dun gran coñecedor da historia da Comarca do Ortegal. O Cronista José Carlos Breijo Rodriguez (actual director do instituto de Cedeira) impartiu este luns unha charla sobre a evolución histórica da vila de Cariño, analizando tamén a evolución urbana dos espazos públicos e as súas tradicións. Estes coñecementos serán de gran axuda para a elaboración dos traballos finais do alumnado de 4º da ESO sobre os espazos públicos da vila. Estes traballos estarán expostos na entrada do centro dende finais desta semana.
|