Skip to Content
TELÉFONOS DE CONTACTO: 881960101 - 698148050 - 698148051

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

De acordo co establecido na resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, establécese o seguinte calendario: (completarase unha vez aprobado pola Xunta electoral todo o calendario de actuacións)

DATA

ACTUACIÓN

Venres 18 de outubro

Sorteo público dos membros da Xunta Electoral

Mércores 23 de outubro

1ª Reunión Xunta Electoral: Constitución.

Venres 25 de outubro

Publicación do calendario electoral, censos electorais, prazo presentación candidaturas e convocatorias dos diferentes sectores

Do luns 28 de outubro ao xoves 7 de novembro

Período de reclamacións ao censo

Prazo de presentación de candidatutras

Mércores 6 de novembro

Claustro extraordinario (lectura de normas e data do claustro para as votacións)

Venres 8 novembro

Sorteo público dos membros das diferentes mesas electorais (Nais/Pais e alumnado)

Luns 11 novembro

2ª Reunión Xunta Electoral

Publicación de candidaturas presentadas

Martes 12 e mércores 13 de novembro

Período de reclamación á proclamación de candidaturas.

Xoves 14 de novembro

3ª Reunión Xunta Electoral no caso de ser necesaria

Publicación definitiva de candidaturas presentadas

Martes 19 de novembro

VOTACIÓNS dos diferentes sectores

Luns 25 de novembro

3ª ou 4ª Reunión Xunta Electoral

Proclamación e publicación dos candidatos electos do diferentes sectores

Martes 3 de decembro

CONSTITUCIÓN do novo Consello Escolar

 

INFORMACIÓN PARA OS DIFERENTES SECTORES

OFERTA MODULAR ADULTOS "SISTEMAS MICROINFORMÁTICOS E REDES" (#FPGalicia)

Publicada ORDE do 7 de xuño de 2022 pola que se actualiza a ofertade formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros  públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

No IES Cabo Ortegal impártese o ciclo medio modular presencial de adultos "Sistemas Microinformáticos e redes", podéndose consultar os prazos de admisión na seguinte ligazón: ADMISIÓN CICLO 2023-2024.

Pódese tamén consultar toda a información relevante en:

https://www.edu.xunta.es/fp/

MICRO ABERTO: PABLO MARTÍNEZ

15/11/2024 11:00
15/11/2024 11:30

o venres, 15 de novembro volven os Recreos de Micro Aberto!!

No marco do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, mañá inauguramos os deste curso con Pablo, profe do Club de Ciencias Ortegal, que nos contará moitas cousas interesantes sobre unha das súas paixóns, a astronomía.
Non o perdades!

Organizan os equipos de Biblioteca, do Club de Ciencias e do DLG

LECTURAS CIENTÍFICAS

15/11/2024 08:30

LECTURAS CIENTÍFICAS
Vistes estes días a mesa instalada na entrada da Biblio? Neste #mesdaciencia algúns libriños saíron dos estantes e están esperando a que os levedes á casa! Astronomía, física, botánica, zooloxía... Hai para tódolos gustos! A que esperades?


#recomendacións #lecturas #ciencia #mesdacienciaengalegonasbibliotecas #bescolaresgal #plambe #edlg

 

1º BAC CHARLA ARMADA DE FERROL

14/11/2024 11:30
14/11/2024 12:20

O alumnado de 1º BAC A ten unha charla a cargo de membros da Armada o xoves 14-11-24 de 11:30 a 12:20 horas.

 

Organizada polo departamento de Orientación.

3º ESO INMERSIÓN LINGÜÍSTICA NOS PEARES

10/11/2024 00:00
10/11/2024 00:00

O noso alumnado de 3º ESO participa nun programa de inmersión lingüística nos Peares (Carballedo, Lugo) do 10 ao 16 de novembro de 2024.

Xunto ao alumnado doutros centros, potencian especialmente a súa capacidade para a comprensión e expresión orais mediante a estancia durante varios días nunha instalación que posibilita a inmersión total en inglés con profesorado nativo.

Así mesmo, mediante a metodoloxía CLIL, facilítase a adquisición de contidos adecuados para cada etapa educativa, e os programas complétanse coa realización de talleres, xogos, deporte, ...

 

Organizan os departamentos de Inglés e Tecnoloxía.

 

RECREO CIENTÍFICO 1

07/11/2024 11:00
07/11/2024 11:30

No primeiro dos Recreos Científicos deste mes ca ciencia en galego, que se desenvolveu o xoves 7 de novembro, Os alumnos de 4º ESO David, Ce, Dani e Álex realizaron o experimento do ovo saltarín e explicáronnos o proceso de osmose.

Organizan os equipos de Biblioteca, Club de Ciencias e DLG

 

AS NOVIDADES DA BIBLIO

07/11/2024 10:41

Velaquí algunhas das nosas últimas adquisicións. Agárdanvos, coma sempre, na sección de NOVIDADES da entrada da Biblio.

RECREOS CIENTÍFICOS 2024

06/11/2024 18:59

Este mes de novembro volve a ciencia en galego á Biblio! Volven os Recreos Científicos, organizados polo @club_ciencias_ortegal, o @edlg_ortegal e a Biblioteca!

Tódolos xoves o alumnado do Club de Ciencias presentaranos os seus experimentos.

Non faltedes!

IDENTIFICADO O ASASINO DO CRIME DO IES CABO ORTEGAL

05/11/2024 10:44

Durante o Samaín, un terrible crime sucedeu no IES Cabo Ortegal. O martes amencemos coa noticia do asasinato da xefa de estudos do que se fixeron eco os xornais.

Seis grupos de intrépidos estudantes da ESO ofrecéronse voluntarios para investigar o crime. Tras seguir as pistas e analizar as probas atopadas pola planta baixa do instituto, descubriron que o culpable foi o xefe de estudos de adultos, que quería quedar co despacho de Elisa.


O culpable xa dorme na cadea e os nosos investigadores recibirán a súa recompensa nos próximos días!

#samain #clubdeciencia #edlg #bescolaresgal

 

O SAMAÍN NO IES CABO ORTEGAL 4: CRIME NO IES CABO ORTEGAL

03/11/2024 12:10
03/11/2024 12:10

O SAMAÍN NO IES CABO ORTEGAL 3

30/10/2024 11:00
30/10/2024 11:30

E non podían faltar o concurso dos terroríficamente saborosos doces de Samaín.

   

O SAMAÍN DA ANPA BEIRAMAR

30/10/2024 11:00
30/10/2024 11:30

O alumnado e o proesorado do insti pasou polo photocall que colocou a ANPA Beiramar no vestíbulo

                        

 

2º ESO CHARLA

29/10/2024 13:10
29/10/2024 14:00

O alumnado de 2º ESO ten un obradoiro sobre Benestar Emocional impartido por María Martín, o martes 29-10-24 de 13:10 a 14:00 horas.

 

Organiza el departamento de Orientación

O SAMAÍN NO IES CABO ORTEGAL 2

29/10/2024 08:30
29/10/2024 14:00

O martes 29 foi o turno do concurso de decoración das aulas:

 

O SAMAÍN NO IES CABO ORTEGAL 1

28/10/2024 08:30
28/10/2024 14:00

Para celebrar o Samaín no IES Cabo Ortegal tivemos unhos días moi arrepiantes:

E aquí tedes uns exemplos:

Visionamento de curtas nos #recreosdemedo2024


Detalles do aspecto final que loce a Biblio durante estes días

As nosas xeniais voluntarias axudando a decorar


 

3º ESO CHARLA SOBRE A DIABETE

24/10/2024 12:20
24/10/2024 13:10

O alumnado de 3º ESO e o profesorado interesado ten unha charla o xoves 24-10-24 de 12:20 a 13:10 horas para informar do protocolo a seguir e o manexo e tipo de subministración da medicación en persoas con diabete.

Se realizarán prácticas da administración da medicación ante unha situación de hipoglucemia.

Organizan o Departamento de Orientación e a ANPA Beiramar


DIPLOMAS AO VOLUNTARIADO DA BIBLIO DO CURSO 23-24

24/10/2024 11:00
24/10/2024 11:30

No #DíadasBibliotecas,
fixémoslle entrega dos seus diplomas certificativos ó equipo de
voluntarias/os do curso pasado.


1º ESO NA BIBLIO

24/10/2024 10:06
24/10/2024 10:06

O 24 de outubro a clase de 1º ESO participou na formación de inicio do curso para coñecer a Biblioteca e aprender a usar os seus recursos.
Nesta sesión, o novo alumnado coñeceu as instalacións da Biblio, descubriu algunhas actividades que se desenvolven nela e aprendeu como estaban organizados os fondos e a buscar de xeito autónomo os materiais que precisan. Tamén recibiron o seu número de lector e aprenderon como teñen que facer para levar materiais prestados.
Encántanos que esta rapazada veña á súa nova Biblio tódolos recreos!!!

 

 

2º ESO VISITA AO MUNCYT E XV OBRADOIRO-CONCURSO GALEGO DE ROBÓTICA

23/10/2024 08:30
23/10/2024 19:00

O alumnado de 2º ESO visita o MUNCYT e participa no XV Obradoiro e Concurso Galego de Robótica en A Coruña o mércores 23-10-24 de 08:30 a 19:00 horas.

 

A actividade está organizada polo departamento de Tecnoloxía.

  

                

                

 

3º ESO OBRADOIRO ASFEDRO 2

21/10/2024 13:10
21/10/2024 14:00

O alumnado de 3º ESO A e B participa no obradoiro de ASFEDRO o 21-10-24 de 13:10 a 14:00 horas

4º ESO OBRADOIRO ASFEDRO 2

21/10/2024 12:20
21/10/2024 13:10

O alumnado de 4º ESO A participa no obradoiro de ASFEDRO o 21-10-24 de 12:20 a 13:10 horas

1º ESO A e B OBRADOIRO ASFEDRO 2

21/10/2024 11:30
21/10/2024 12:20

O alumnado de 1º ESO A e B participa no obradoiro de ASFEDRO o 21-10-24 de 11:30 a 12:20 horas

2º ESO OBRADOIRO ASFEDRO 2

21/10/2024 10:10
21/10/2024 11:00

O alumnado de 2º ESO A e B participa no obradoiro de ASFEDRO o 21-10-24 de 10:10 a 11:00 horas

 
 

1º BAC CHARLA CENTRO SUPERIOR DE HOSTALERÍA DE GALICIA

17/10/2024 11:30
17/10/2024 12:20

O alumnado de 1º BAC ten unha charla a cargo do Centro Superior de Hostelería de Galicia o xoves 17-10-24 de 11:30 a 12:20 horas.

 

Organiza o departamento de Orientación

3º e 4º ESO PROXECTO MIRANDA: REDEIRAS 2

16/10/2024 11:00
16/10/2024 11:00

O alumnado de 3º e 4º ESO participa nunhas charlas do Proxecto Miranda promovido pola Asociación Profesional de Redeiras de Cariño o mércores 16-10-24 de 11:30 a 13:10.

 

3º e 4º ESO PROXECTO MIRANDA: REDEIRAS 1

10/10/2024 11:30
10/10/2024 13:10

O alumnado de 3º e 4º ESO participa nunhas charlas do Proxecto Miranda promovido pola Asociación Profesional de Redeiras de Cariño o xoves 10-10-24 de 11:30 a 13:10


1º ESO A e B OBRADOIRO ASFEDRO 1

07/10/2024 16:00
07/10/2024 16:50

O alumnado de 1º ESO A e B participa no obradoiro de ASFEDRO o 7-10-24 de 16:00 a 16-50 horas

3º ESO OBRADOIRO ASFEDRO 1

07/10/2024 13:10
07/10/2024 14:00

O alumnado de 3º ESO A e B participa no obradoiro de ASFEDRO o 7-10-24 de 13:10 a 14:00 horas

Distribuir contido


by Dr. Radut