Taboleiro de secretaría

CINE PARA O TITORAXUDANTE

O alumnado de 3º ESO participante no programa TitorAxudante tivo esta semana unha cita de cine co alumnado de 1º ESO ao que está a axudar este curso. Con flocos de millo incluídos e despois do intercambio de impresións sobre a visualización da curta, baixo a temática o trato con demais, deixaron por escrito a súa reflexión nun mural á vista de toda a comunidade educativa. 

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe, 23 de febreiro, celebramos o día de ROSALÍA de Castro con asaltos poéticos, degustación do Caldo de Gloria e coa proxección desta produción audiovisual realizada por Quincas das Fervenzas (profesor de xeografía e historia no IES Breamo).

 

PARTIDO DE FÚTBOL CONTRA A HEMOFOBIA

Conmemorando o día internacional contra a homofobia no deporte o alumnado de 4º de ESO e 1º de bacharelato do IES Breamo disputou un encontro de fútbol. Este ano elixiuse esta disciplina deportiva en honor a Justin Fashanua, primeiro xogador de fútbol profesional en declararse publicamente homosexual.

 

O AMENCER DA HUMANIDADE - EXPOSICIÓN

Do 19 de febreiro ao 1 de marzo, acollemos no centro a exposición “O amencer da humanidade". O poboamento paleolítico de Galicia” unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística co obxecto de dar a coñecer as últimas investigacións desenvolvidas no ámbito da prehistoria en Galicia.
Ademais de seis paneis informativos en formato rollup, a mostra inclúe varias réplicas de materiais arqueolóxicos, un audiovisual explicativo e dúas unidades didácticas, para educación primaria e secundaria respectivamente. VÍDEO

NANOTECNOLOXÍA: REALIDADE OU FICCIÓN

O alumnado de 1º BAC tivo hoxe una charla sobre Nanotecnoloxía impartida polo profesor da USC Francisco Fraga López, que forma parte do programa A Ponte de charlas temáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

 

AXUDAS PARA A FORMACIÓN EN LINGUAS EXTRANXEIRAS 2024 - ALUMNADO DE BAC

CARTEL INFORMATIVO - INDICACIÓNS PARA A PRESENTACIÓN

ACCESO Á ORDE (DOG)

Prazo aberto do 13 de febreiro ao 12 de marzo de 2024 (incluído).

Requisitos de participación:

  • Estar cursando Bacharelato durante o curso 2023/24.
  • Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2022/23.
  • Ter acadado no curso 2022/23, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6 no 4º curso de ensinanza secundaria obrigatoria para as prazas convocadas para o 1º curso de bacharelato e de 6 no 1º curso de bacharelato para as prazas convocadas para o 2º curso de bacharelato.
  • Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
  • Non estar incurso, nin o/a solicitante nin as persoas representantes/membros da unidade familiar, nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Estar en posesión de DNI, NIE ou pasaporte.

ENTROIDO 2024 - O CÓMIC

Benvidos e benvidas ao gran  entroido do IES Breamo 2024,  o noso espectacular centro de ensino, onde podemos encontrar personaxes do cómic tan peculiares como vós e coma nós.

Grazas ao Concello de Pontedeume pola súa colaboración.

O MEC CONVOCA 2.400 BECAS DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN INGLÉS PARA O MES DE XULLO (SOLICITUDES ATA O 21/03)

.- Para nados entre o 1 de xaneiro de 2004 e o 31 de decembro de 2007. 

.- É obrigatorio estar matriculado no curso 2023-2024 en calquera curso de Bacharelato, de Grao Medio de Formación Profesional, de Artes Plásticas e Deseño, de Ensinos Deportivos, de Ensinos Profesionais de Música e Danza e de Idiomas de Nivel Intermedio e Avanzado.

.- Tamén é necesario ter aprobadas todas as materias do curso 2022-2023, a data de finalización do curso, cunha nota final mínima de 9 puntos na materia de inglés

.- Os interesados en participar neste programa de bolsas teñen ata o próximo 21 de marzo para cumprimentar a solicitude mediante o formulario accesible por internet, a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.

Más información en MEC

GAZA

Hoxe no IES Breamo tivemos a Sara Ashour, unha moza galega de orixe palestina, e a Ana Rodrigues, da Fundación Araguaney, para falarnos da terrible situación que está a vivir o pobo Palestino desde hai décadas e presentarnos a curta Gaza, gañadora do Goya á mellor curtametraxe documental no ano 2019.  

As nosas alumnas Saray García e Laura Feal realizáronlle unha entrevista para a radio do instituto.

 

Charla con Francisco Castro e obradoiro Olloboi

Onte (16 de xaneiro) tivemos con nós a Francisco Castro, que veu falar co alumnado de 3ºESO e 2ºBAC, respondéndolles así diferentes cuestión do libro de lectura deste trimestre.

Ademais, grazas ao premio recibido no Festival audiovisual escolar OLLOBOI, o alumnado participante (club de lectura e axudantes da biblioteca do IES Breamo) tivo a sorte de participar nun taller creativo esta tarde do martes, na biblioteca do centro.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer