Taboleiro de secretaría
BRILLANTE PARTICIPACIÓN DO IES BREAMO NA OLIMPIADAD DE MATEMÁTICAS
Á comunidade educativa do IES Breamo celebra a participación dos grupos de alumnado de 1º e 3º de ESO no Canguro Matemático e agradece ao departamento de Matemáticas a súa dedicación.
A proba é organizada, (a nivel nacional), pola FESPM (Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas).
É imposible non destacar que no grupo de 1º ESO, entre 8.300 estudantes que participaron, a sobresaínte puntuación de Iago Miño que acadou un posto entre os dez primeiros. Tampouco sería xusto non mencionar o esforzó e dedicación dos compañeiros Roy (Óscar), Darío e Ariel que, sen o bo” feeling” que había entre eles, de seguro as cousas serían ben distintas. En definitiva, grazas ao seu compromiso, dedicación…, obtívose o que se definiría como unha inmellorable puntuación.
Para finalizar, nos gustaría extender a noraboa ao resto de participantes: Manuela, Xabi, Alex, Álvaro, Noa e Paula de 3º ESO que, ademais dos xa mencionados, contribuíron a manter vivo ese lume particular dunha olimpiada.
Grazas ás familias, tamén, pola inmellorable comunicación entre estas e o profesor responsable da proba, Marcos Villar Pazos.
O IES BREAMO DESPIDE Á PROMOCIÓN 2024 (2º Bacharelato)
Profesores, persoal de administración de servizos (PAS), familiares, amigos y por suposto o propio alumnado de 2º de BAC, gozamos dun evento que tivo por ingredientes: discursos, actuacións musicais, proxección de vídeo, imposición de becas e moita emotividade.
No acto fíxose memoria do acontecido nestes anos durante a estancia do alumnado noso IES, para facer un recoñecemento ao seu esforzo tanto persoal como colectivo.
Agradecendo tamén, por suposto, a labor do profesorado, do PAS, e das súas familias polo seu seguimento e respaldo nestes anos de estudo.
Parabéns para o noso alumnado!!!
LETRAS GALEGAS
Onte celebramos o día das letras galegas con diferentes actividades. O alumnado de 1ºESO tivo unha charla con Antonio Fraga no Espazo Xove de Pontedeume. Alí, tivo a oportunidade de facer diferentes preguntas sobre os seus libros. Ademais, o alumnado de 4ºESO tivo a sorte de poder escoltar e falar con Eva Veiga sobre Luisa Villalta.
Pronto daremos a coñecer o nome dos gañadores do concurso de PODCAST e Microrrelatos.
-----------------------------------------------------------
MODELOS MATEMÁTICOS APLICADOS AO MUNDO REAL
Mª Dolores Gómez Pedreira, profesorado do departamento de matemáticas aplicadas da USC, impartiu una charla para que o alumnado de 1º bacharelato coñece a implicación das matemáticas no estudo de fenómenos como os Tsunamis, a colocación de válvulas no corazón, efectos de indución na industria…
REGUEIFAS NO IES BREAMO
"O concepto «regueifa» explicámolo sempre con tres definicións: un baile, un pan de voda e un xénero de improvisación oral en verso, pero a regueifa, en realidade, é moito máis…", e hoxe vímolo da man de Lupe Blanco, quen traballou co noso alumnado de 2ºESO non só o concepto teórico de regueifa, senón sobre todo a súa aplicación práctica. Así pois, aprenderon a cantar improvisando, un pouco de historia e... acabaron regueifando!
RUTA DE SENDEIRISMO E EN KAIAK PARA O ALUMNADO PARTICPANTE NO PROGRAMA TITORAXUDATE
O alumnado de 1º e 3º de ESO participante no programa TitorAxudante gozaron nunha ruta de sendeirismo e kaiak. O obxectivo deste programa é facilitar a integración do alumnado, mellorar as habilidades sociais e formar ao alumnado na resolución de conflictos.
DÍA DO LIBRO
Nas titorías da ESO, así como nalgunhas clases de linguas estranxeiras e certas optativas, como Oratoria, o noso alumnado escolleu un fragmento de diferentes obras representativas da literatura, tanto en galego como en castelán, inglés e francés.
O alumnado axudante de biblioteca trouxo ata o patio do IES un baúl cheo de libros e, como podedes ver… así comezaron as lecturas.
ESCOLA DE NAIS E PAIS - CHARLA COAS FAMILIAS
XOVES 18 DE ABRIL ÁS 17:00 H. NO SALÓN DE ACTOS
Estimadas familias:
Dirixímonos a vostedes para convidarvos a unha charla que leva por título “Comprendendo a Pubertade e Adolescencia”: por que é importante acompañar neste proceso.
As relatoras son Mª Victoria Fernández Mosquera e Paula Dopico González, especialistas en trastornos da conduta do Equipo de Orientación Específico da Coruña.
Contamos coa túa presenza.
Atentamente,
Equipo directivo e departamento de orientación do IES Breamo
OS EQUIPOS “CRAKS EUMESES” E TECNOFRAGAS” ACADAN O 2º e 7º POSTO NAS OLIMPÍADAS DA ESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE ENXEÑARÍA DE CAMIÑOS, CANAIS E PORTOS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA.
Á chegada hoxe, martes 11 de abril, á Escola de Camiños, Canles e Portos, había unha recepción no salón de actos aos 16 equipos participantes de centros de toda Galicia.
Despois das pertinentes expliacións realizaron as seguintes probas:
.- A primeira proba, “Arco de doelas”, consistirá na construción dun arco de doelas no menor tempo posible e cun máximo de 15 minutos.
.- Na segunda proba, “Ponte Da Vinci”, os equipos terán que construír unha ponte de taboleiros de madeira e contarán cun tempo máximo de 15 minutos.
.- A terceira proba, nomeada “Presa-Dique”, baséase na construción dunha presa de materiais soltos que minoren o paso da auga, intentando que o tempo de infiltración sexa o maior posible. Contarán para realizar esta proba un tempo de 5 minutos.
.- Na cuarta proba, co nome de “ A enxeñaría de camiños e as súas obras”, os estudantes terán 15 minutos para montar o maior número de crebacabezas de gran tamaño posibles con imaxes de obras de enxeñaría.
.- A quinta proba, “LogisTIC, consistirá en transportar o máximo número de contedores nun tempo de 15 minutos.
.-Na última proba, “Xogando a ser enxeñeiro”, terán que superar o máximo número de desafíos cun videoxogo de construción en 15 minutos.
Unha vez feito o reconto de puntos por parte da organización, o equipo "Cracks Eumeses” obtivo o segundo posto na Olimpíada e o “Tecnofragas” un meritorio 7º posto.
Pero o máis importante foi a convivencia con estudantes doutros centros e gozar dunha mañá onde puxeron en práctica o aprendido estas semanas, demostrando a súa capacidade de aprendizaxe, colaboración e compromiso co equipo.
Parabéns!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »