AVISOS FAMILIAS
COMUNICADO ÁS FAMILIAS
Para aclarar algunhas dúbidas relacionadas coa organización da vida académica do curso que empeza adiantámoslles que non vai haber ensino semipresencial en ningún curso, e que o horario das clases será o habitual: polas mañás, de 8:30 a 14:10, e as tardes dos luns de 16:20 a 18:00 horas
En próximos comunicados iremos ampliando información
RECOLLIDA LIBROS DO FONDO SOLIDARIO PARA O CURSO 2020/2021
A recollida de libros de 2º ESO farase o xoves 17 de setembro do seguinte xeito:
Ás 10:00 horas: alumnado co apelido do A ao C
Ás 10:30 horas: alumnado co apelido do D ao F
Ás 11:00 horas: alumnado co apelido do G ao I
Ás 11:30 horas: alumnado co apelido do J ao M
Ás 12:00 horas: alumnado co apelido do N ao P
Ás 12:30 horas: alumnado co apelido do R ao Z
A recollida de libros de 3º ESO farase o venres 18 de setembro do seguinte xeito:
Ás 10:00 horas:alumnado co apelido do A ao B
Ás 10:30 horas: alumnado co apelido do C ao E
Ás 11:00 horas: alumnado co apelido do F ao H
Ás 11:30 horas: alumnado co apelido do I ao M
Ás 12:00 horas: alumnado co apelido do N ao P
Ás 12:30 horas: alumnado co apelido do R ao Z
Aos alumnos de 4º ESO irémoslles informando de cando poden vir polos libros. Igualmente faremos cos alumnos que non poidan vir nas datas e horas especificadas
AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR curso 2020-21
As familias de alumnos de 1º de ESO que solicitaron libros de texto deberán recollelos mañá 16 de setembro de 10:00 a 13:00 horas.
Se alguén non pode vir mañá nese horario lles volveremos a informar de cando deben vir.
AVISOS - INICIO DE CURSO 2020-21
Lamentamos a situación de incerteza con respecto ao comezo de curso que estamos a vivir. En canto teñamos información segura sobre os diferentes temas que lles interesan a iremos publicando nesta páxina web. Rogámoslles que estean pendentes. Ademais estreitamos o contacto co ANPA para traballar de forma coordinada.
Doutra banda algunhas familias comunícannos que en Abalar móbil están a aparecer datos que non se corresponden coa realidade. Non fagan caso deles xa que son provisionais e non necesariamente se corresponderán cos definitivos.
Por último comunicarlles que entre as medidas de seguridade fronte ao COVID que tivemos que adoptar está a de evitar desdobres e interaccións entre os alumnos, por este motivo algunhas optativas sufriron certos reaxustes que coñecerán os primeiros días de clase.
AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR curso 2020-21
Publicadas no taboleiro do centro as listaxes do fondo solidario e axudas de libros de texto para alumnado de 2º, 3º e 4º ESO
Tamén se poden consultar telemáticamente a través da aplicación fondo libros usando certificado dixital.
Os cheques de material estarán dispoñibles en conserxería a partir do martes 15 de setembro.
Lémbrase que o horario de atención ao público é de 10:00 a 13:00 horas.
AVISO - INICIO DE CURSO 2020-21
Nos próximos días publicaremos instrucións e información sobre o comezo de curso.
De momento adiantámoslles o seguinte:
As clases serán en horario de mañá, de 08:30 a 14:10, para o alumnado de ESO, o cal terá transporte escolar. Non haberá clase os luns pola tarde para esta etapa, e esas dúas horas impartiranse tamén pola mañá, o que implicará reaxustes na distribución do horario.
As clases serán en horario de tarde, para o alumnado de BACHARELATO, de 15:30 a 20:30 os luns, mércores e venres; e de 15:30 a 21:15 os martes e xoves.
Para poder manter nas aulas a distancia de seguridade de 1,5 m, van desdobrar a maioría dos grupos, que contarán co seu titor correspondente, o que supoñerá unha ratio claramente inferior.
Iremos ampliando información segundo vaian sendo aprobados os acordos polos órganos colexiados do centro. Estean por iso pendentes desta páxina.
A DIRECCIÓN
AVISO - MATRÍCULA 2020-21
Toda a información e instruccións da matrícula 2020-21 no bloque correspondente situado na parte superior do lateral dereito da páxina.
Tamén se pode acceder directamente dende AQUÍ
AVISO - DEVOLUCIÓN LIBROS DE TEXTO
A devolución de libros de texto farase os días 3 e 4 de setembro en CONSERXERÍA de 10:00 a 13:00 horas.
AVISO COVID - EXAMES SETEMBRO
O alumnado que debido á COVID non poida asistir de xeito presencial aos exames de setembro, deberá comunicalo canto antes enviando ao correo do centro: ies.blanco.amor.culleredo@edu.xunta.es, un xustificante médico escaneado, indicando así mesmo, o nome e apelidos do alumno/a, curso, grupo e materias das que se ten que examinar, así como un enderezo de correo electrónico, no que recibira as instrucións para realizar as probas extraordinarias.
AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR curso 2020-21
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA AS FAMILIAS CON FILLOS MATRICULADOS EN 1º ESO
Respecto das dúbidas que nos presentan sobre a compra dos tres libros de texto que non están incluídos no programa EDIXGAL: bioloxía, lingua galega e inglés, deben saber que repartiremos estes libros do fondo do instituto entre as persoas que os soliciten.
Para optar polos libros deberán cubrir e enviar o seguinte formulario: https://forms.gle/5TKVMdyWmYYDvX8k8
No caso de que a demanda sobrepase o stock terán prioridade os alumnos/as que obtiveran axudas para a adquisición de material escolar, seguidamente os demais solicitantes de axudas que non a obtiveran e por último os demais solicitantes. Dentro de cada grupo será por orde alfabética empezando pola mesma letra que saíu no sorteo público para a admisión de alumnado deste ano: primeiro apelido Tg e segundo apelido Ex.
O prazo para solicitar os libros remata o 24 de agosto.