Evitar navegación.
Principal

AVISOS FAMILIAS

RECORDATORIO IMPORTANTE USUARIOS G-SUITE e ABALAR MÓBIL

ALUMNADO CON CONTAS G-SUITE:

Se teñen algún problema, deberán cubrir este FORMULARIO e poñerémonos en contacto para solucionalo.

APLICACIÓN ABALAR MOBIL:

Aquelas familias que todavía non a teñan descargada deben seguir as seguintes INSTRUCIÓNS.

Se teñen calquer incidencia, ou o seu número de teléfono non está actualizado nos datos do centro, deben cubrir o seguinte CUESTIONARIO.

CIRCULAR INFORMATIVA - CANCELACIÓN VIAXES 2020

Achegamos circular informativa sobre a cancelación das viaxes de estudo 2020. Poden acceder á mesma dende aquí.

CIRCULAR INFORMATIVA - FINAL DA SEGUNDA AVALIACIÓN

Achegamos circular informativa sobre a 2ª avaliación e a entrega de notas do vindeiro 3 de abril. Poden acceder á mesma dende aquí.

Axudas para as familias con fillos usuarios do servizo de comedor subvencionado pola Xunta de Galicia

Axudas para as familias con fillos usuarios do servizo de comedor subvencionado pola Xunta de Galicia

Orde de 27 de marzo de 2020 (DOG 30 de marzo).

Para as persoas usuarias do servizo de comedor subvencionado que non van poder facer uso de dito servizo durante o tempo de suspensión das clases presenciais, a Xunta preveu unha compensación económica de 2,50 euros por cada luns que non se preste o servizo aos alumnos con gratuidade total e de 1,50 euros para os que pagan 1 euro. Os restantes alumnos usuarios do servizo de comedor non percibirán estas axudas.

Nun primeiro pago se aboan os luns sen prestación de servizo ata o 11 de abril, e un segundo pago os restantes luns que se puideran producir sen servizo a partir desa data, se fora o caso.

Solicitudes: lugar e prazo de presentación

A solicitude As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Se algunha familia acredita dificultade para estre trámite debe comunicalo á directora do instituto a través do correo electrónico do centro: ies.blanco.amor.culleredo@edu.xunta.gal para que o centro colabore na formalización da solicitude. Así familias que teñan problemas para formalizar a solicitudes por medios electrónicos despois de contactar co centro por no correo electrónico sinalado, citaráselles para colaborar na formalización da solicitude. A estas persoas pediráselles tamén por correo electrónico os seguintes datos:

DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a)

Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería)

Nome e apelidos do titor/a; nome, apelidos e curso dos fillos/fillas

Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda

O prazo remata o 6 de abril, incluído.

A partir desa data e nun prazo aproximado de 15 días, procederase ao abono das axudas.

SEGUNDA AVALIACIÓN

Seguindo instrucións da Consellería, as cualificacións da 2ª avaliación serán publicadas o día 3 de abril na aplicación abalarMóbil. É necesario, polo tanto, descargar dita aplicación no móbil para consultar os boletíns.

Aquelas familias que todavía non a teñan descargada deben seguir as instrucións pinchando aquí.

Se teñen calquer incidencia ou o seu número de teléfono non está actualizado nos datos do centro, deben cubrir o seguinte cuestionario para solucionar o seu problema; de non ser así, non recibirían as cualificacións.

A avaliación vai ter en conta os contidos traballados en clase ata o 13 de marzo, día en que se suspenderon as clases presenciais.

A partir de esa data, os contidos novos traballados forman parte da 3ª avaliación.

Nos próximos días iremos ampliando a información

AVISO AFECTADOS CORONAVIRUS

Notifican desde inspección que en caso de saber dalgún membro da comunidade educativa afectado por coronavirus, cómpre poñelo en coñecemento de Consellería. 

Se alguén sabe de algún caso, por favor escribir so correo do centro: ies.blanco.amor.culleredo@edu.xunta.gal

Grazas

ACTUALIZACIÓN do 17-03-20 da INFORMACIÓN DE INTERESE PARA AS FAMILIAS RESPECTO ÁS ACTUACIÓNS DURANTE A SUSPENSIÓN DAS CLASES

Estimadas familias

Informamos das últimas instrucións da Consellería:

•O centro permanecerá pechado mentres dure esta situación extraordinaria.

•Quedan suspendidos todos os prazos administrativos e de tramitación.

•O cómputo dos prazos reanudarase no momento en que perda vixencia a normativa legal que regula a súa suspensión.

•As actividades educativas manteranse de forma telemática.

•Poden consultar estas actividades e contactos co profesorado pinchando AQUÍ

Teñan en conta que é posible que se saturen as liñas para acceder aos distintos enlaces ás webs, correos profesorado ou centro. Paciencia para afrontar tantos cambios en tan pouco tempo.

Recomendamos que os seus fillos/as manteñan un horario de traballo na casa para que a reincorporación ás clases sexa máis doada.

Ao alumnado de 2º de bacharelato queremos transmitirlle unha mensaxe de ánimo. Trataremos de facilitarlles o traballo para que superen esta situación. Van necesitar un esforzo extra, pero non o van facer sós. Imos tratar de saír fortalecidos desta situación tan adversa.

Consulten esta web con regularidade para estar informados.

Por último, lembren que en caso de sospeitar que poidan estar contaxiados, deben permanecer na casa e chamar ao 900 400 116.

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA AS FAMILIAS RESPECTO ÁS ACTUACIÓNS PARA OS 14 DIAS DE SUSPENSIÓN DAS CLASES

1. Deberán consultar esta web con frecuencia para estar informados das novas que vaian xurdindo.

2. A partir do martes 17 de marzo, recibirán información nesta web da forma de comunicación dos docentes co alumnado para garantir a continuidade das actividades académicas non presenciais.

3. Os exames quedan aprazados ata a reanudación das clases. Informaremos oportunamente das datas.

4. Calquera dúbida, suxestión ou información que precisen, tanto sobre as materias como sobre a titoría dos seus fillos, deberán ser resoltas a través dos medio telemáticos propostos (aula virtual, correo electrónico,…)

5. Polo que respecta ás viaxes de estudo quedan todas canceladas. As persoas que tiñan pagos pendentes xa non os deben facer. Os que fixeron este cuarto pago, van recuperalo. En canto aos outros tres pagos, estamos negociando coas axencias a súa devolución. Iremos informando, pero descártase a posibilidade de aprazalos dada a situación de inseguridade que vivimos actualmente respecto a evolución do coronavirus.

SUSPENSIÓN DAS CLASES

O presidente da Xunta de Galicia acaba de anunciar a suspensión das clases e das actividades extraescolares a partir de mañá venres 13 de marzo, e o peche dos centros desde o vindeiro luns 16, por un período de catorce días.

O presidente indicou así mesmo, que a asistencia do alumnado mañá a clase , é voluntaria, pero non recomendable. Os exames previstos quedan aprazados desde mañá mesmo ata a continuación das clases.

É importante que consulten con frecuencia esta páxina web para estar informados das novidades que puidesen xurdir, que iremos publicando.

XORNADAS DE ACOLLIDA CURSO 2019-2020

Os días 14 e 21 de outubro ás 18:15 horas terán lugar as xornadas de acollida para as familias 

O día 14 de outubro, para as familias de alumnos de 1ºESO A, 1ºESO-B, 1ºESO-C, 2ºESO, 3ºESO e 4ºESO 

O día 21 de outubro, para as familias de alumnos de 1ºESO-D, 1ºESO-E, 1ºESO-F, 1ºBAC e 2ºBAC

Máis información AQUÍ

Distribuir contenido